Mercedes González López
Mercedes González López, nada en Sarria o 18 de xaneiro de 1900 e finada en Riga en 1969, foi unha política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1900 ![]() Sarria, España ![]() |
Morte | 1969 ![]() Riga, Letonia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Familia | |
Fillos | Gregorio Cenitagoya González ![]() |
Traxectoria
editarFilla de Jesús González Díaz e Carmen López. Pasou a súa xuventude en Gernika-Lumo como sobriña do carcereiro da prisión. Alí coñeceu a José Cenitagoya Echeandía, preso que viñera fuxindo da Primeira guerra mundial en Francia. Casaron e foron vivir a Muros (Asturias) cando José conseguiu un traballo no ferrocarril. Aos poucos anos instaláronse en San Esteban de Pravia. Como consecuencia da revolución de Asturias de 1934 o seu home, militante do PCE, fuxiu a Francia e o seu fillo máis vello foi detido e torturado. Mercedes quedou soa con sete fillos ao seu cargo. Iniciou a súa militancia no Partido Comunista de España nesas datas.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu en San Esteban ata que as tropas rebeldes tomaron a vila o 7 de setembro; foi evacuada xunto cos seus fillos nun tren con destino ás concas mineiras. Instalouse en Avilés, onde formou parte do Comité Antifascista e foi secretaria do Socorro Vermello Internacional. En setembro de 1937 os seus fillos Adolfo, Francisco, Carmen, Manuel e Mercedes foron evacuados desde El Musel con dirección a Saint-Eser (Francia), para rematar en Leningrado.
Cando caeu a fronte de Asturias en outubro de 1937, volveu a San Esteban de Pravia co seu fillo Gregorio. Ao ser recoñecidos por falanxistas, foron detidos. Librou de ser fusilada no piñeiral de Salinas in extremis e foi recluída en San Esteban, nos almacéns de Gurín. Foi trasladada ao cárcere de Pravia estando embarazada de xemelgos. Foi condenada a vinte anos polas súas actividades políticas republicanas e estivo nas prisións de Oviedo (onde naceron os seus fillos José Luis e Juan) e Bilbao. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1938,[1] e un segundo expediente en decembro de 1943.[2] Logrou pasar a Francia onde estaban exiliados o seu home e o seu fillo. Viaxou á Unión Soviética co seu home en 1954 para reunirse cos seus fillos. Permaneceu na URSS como pensionista instalándose en Riga, onde morreu en 1969.
Vida persoal
editarCasou con José Cenitagoya Echeandía e foi nai de once fillos, entre eles Gregorio Cenitagoya González.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Mercedes González López no Centro Documental de la Memoria Histórica.
- El guerrillero vuelve a jugar a San Esteban (en castelán)