Mead (cráter)
Mead é o cráter de impacto máis grande do planeta Venus, e fica exactamente nas coordenadas 12,5° N 57,2° E.[1] Ten máis de 270 km de diámetro[1] e posúe dous aneis concéntricos cara ao bordo do cráter. O seu chan semella ter unha morfoloxía moi semellante ás chairas que rodean o cráter.
![]() | |
---|---|
![]() ![]() | |
Datos xerais | |
Tipo | Cráter de impacto ![]() |
Corpo astronómico | Venus ![]() |
Epónimo | Margaret Mead ![]() |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 12°30′N 57°12′L / 12.5, 57.2 ![]() |
Diámetro | 270 km ![]() |
Localización | |
Identificadores | |
GoPN | 3787 ![]() |
Mead está clasificado coma un cráter de múltiples aneis, e considerase que a escarpa máis interior é o bordo da cavidade orixinal do cráter. Non se observa ningún anel central ou pico central en Mead. A presenza de moitos grumos, brillantes ó radar que cruzan o chan escuro ó radar do cráter e os terreos adxacentes ás cristas dos bordos do cráter, suxiren a probabilidade de que o chan sexa único bloque que é concéntrico á cavidade orixinal do cráter pero que se estende moito máis aló dos límites das cristas do bordo do cráter. O chan plano e que vai sendo máis brillante cara ó interior é interpretado como o resultado dun proceso de recheo da cavidade orixinal do cráter por parte de rochas fundidas debido ó calor do impacto inicial ou polo recheo de lavas de orixe volcánica. Cara ó sueste dos bordos do cráter, o material expulsado polo impacto parece ser que foi detido pola presenza de cadeas montañosas preexistentes, impedindo así un proceso normal de deposito deste material.[2]
Recibiu o seu nome en honra a antropóloga americana Margaret Mead.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Mead on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 13-12-2011.
- ↑ JPL/NASA (ed.). "PIA00148: Venus - Mead Crater". Photojournal. Consultado o 13-12-2011.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Imaxe do cráter Mead Arquivado 17 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.