Dickinson (cráter)
Dickinson é un cráter de impacto situado no nordés da rexión de Atalanta Planitia do planeta Venus, concretamente está nas coordenadas 74,6° N 177,2° E.[1] Ten 67,5 km de diámetro e é un cráter complexo, onde o pico central en realidade é parcialmente un anel, este anel está rodeado dunha área de material brillante e ten outro anel concéntrico de material escuro rodeando este material brillante que rodea ó anel central do cráter. O material expulsado no impacto rodea o cráter cunha serie de cristas concéntricas, excepto na cara oeste. A ausencia deste material na cara oeste podería indicar que precisamente o impacto veu desa dirección. Os extensos terreos brillantes ó radar que se estenden dirección leste a partir das paredes do cráter poderían ser grandes volumes de material fundido expulsado polo impacto, ou poderían ser material volcánico liberado pola superficie durante o posterior proceso de craterización.[2]
![]() | |
---|---|
![]() ![]() | |
Datos xerais | |
Tipo | Cráter de impacto ![]() |
Corpo astronómico | Venus ![]() |
Epónimo | Emily Dickinson ![]() |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 74°36′N 177°12′L / 74.6, 177.2 ![]() |
Diámetro | 67,5 km ![]() |
Cuadrángulo | Ishtar Terra quadrangle (en) ![]() ![]() ![]() |
Localización | |
Identificadores | |
GoPN | 1528 ![]() |
O cráter recibiu o nome da poeta americana Emily Dickinson.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Dickinson on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 01-12-2011.
- ↑ JPL/NASA (ed.). "Venus - Complex Crater 'Dickinson' in NE Atalanta Region". Photojournal. Consultado o 01-12-2011.