Mazarelos: revista de historia e cultura
Mazarelos é unha publicación periódica de carácter cuadrimestral de contidos divulgativos sobre historia e cultura. O seu nome vén da proximidade da praza de Mazarelos coa Facultade de Xeografía e Historia, lugar de encontro entre a academia e o ocio. O primeiro número saíu do prelo en xaneiro de 2020 logo dunha campaña de micromecenado. Desde aquela o obxectivo principal da publicación foi combinar nas súas páxinas o rigor científico e académico coa linguaxe divulgativa e amena que permita facer chegar os contidos ao público tanto especializado como xeral.
Mazarelos: revista de historia e cultura | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 2020 |
Circulación | |
ISSN | 2695-6276 |
Na rede | |
https://www.mazarelos.gal/ | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEn 2019 tres estudantes recentemente graduados en Historia pola USC decidiron abrir unha revista dixital de historia e cultura: Mazarelos.gal. Naceu con vontade de ser un espazo para que novas e novos historiadores puidesen compartir algún artigo do seu interese cun público amplo. Na actualidade conta con máis de 200 textos de 60 colaboradoras e colaboradores diferentes entre artigos, entrevistas, reportaxes e editoriais.
A experiencia da plataforma web animou ao grupo impulsor ao lanzamento dunha revista en papel. En outubro de 2019 anunciaron o inicio dunha campaña de micromecenado[1] co obxectivo de recadar os suficientes cartos para financiar o primeiro número[2]. Finalmente superáronse as expectativas, conseguindo o 121% do necesario grazas a 110 persoas cofinanciadoras. Como recoñecemento ao seu altruísmo, na contraportada do primeiro número da revista apareceron os nomes de todas as persoas que contribuíron.
O 16 de xaneiro de 2020, mesmo día no que nacera un ano antes Mazarelos.gal, a revista en papel foi presentada no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (sita na compostelá praza de Mazarelos)[3]. Neste acto, con decenas de asistentes, interviron o catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto, a profesora de Historia Antiga Ana María Suárez Piñeiro, o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez e o editor da revista Miguel Rodríguez Martínez[4]. A esa presentación seguiron outras en Ferrol[5], Ribadavia[6] e A Coruña[7], xira interrompida pola pandemia da COVID-19.
Desde ese momento, a revista sae 3 veces ao ano, A maioría delas contaron con novas presentacións en máis lugares do país. A continuación amósase unha listaxe das presentacións dos restantes números:
- Número 2: presentado en Santiago de Compostela[8] e Ferrol[9].
- Número 3: presentado en liña[10] por mor da pandemia.
- Número 4: presentado en liña[11] por mor da pandemia.
- Número 5: presentado en Betanzos[12].
- Número 6: presentado en Allariz[13].
- Número 8: presentado en Lugo[14].
- Número 10: presentado en Caamouco[15] (Ares).
- Número 11: presentando nas Chaves do Couto (Meaus, concello de Baltar)[16] e na Coruña[17].
- Número 12: presentado en Taboada[18].
- Número 13: presentado en Vigo[19].
Mazarelos Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil é quen se encarga de editar a publicación. Naceu en marzo do 2021, cando os impulsores da revista decidiron abrir unha cooperativa homónima co obxectivo de estabilizar o proxecto e manter a súa continuidade no tempo[20]. Esta está dedicada a investigación e asesoramento histórico, comunicación e divulgación, proxectos audiovisuais, sector educativo e formativo e descrición e catalogación arquivística. Algúns dos seus principais proxectos son:
- Baixa á praza (2021-2023): ciclo de entrevistas multimedia con especialistas sobre unha temática relacionada coas ciencias sociais (literatura, historia, arte, patrimonio…) de Galicia. Por exemplo, participaron: Xosé Manoel Núñez Seixas, Ofelia Rey Castelao, Susana Sanches Aríns ou Valerià Paül Carril.
- Loitar saben (2022): Serie documental de historia de xénero centrado en dúas experiencias: o traballo doméstico público e privado das mulleres de Fisterra, e a creación dun equipo de fútbol feminino nos anos 80 en Loiba (Ortigueira).
- O Reino no mapa (2023): Proxecto cartográfico para divulgar contidos relacionados coa historia medieval do Reino de Galiza.
Características e estrutura
editarA revista Mazarelos sae 3 veces ao ano. A súa extensión alcanzou unha media de 90 páxinas nos primeiros números, mentres que na actualidade esa cifra sitúase nas 75 páxinas. Cada certos meses anúnciase a apertura da convocatoria para recibir propostas de artigos para publicar na revista[21]. Estes teñen que estar inscritos tematicamente na Historia, nas Ciencias Sociais, nas Humanidades ou na cultura en sentido amplo. Todos os textos publícanse en galego e poden enviarse tanto na norma RAG como na AGAL. Ademais, todos os textos deben ser inéditos. Con respecto ao formato, o máis común son artigos de investigación ou divulgación, mais tamén admite poemas, recensións de libros e reportaxes de actualidade. Todas as propostas deben cumprir coas normas de publicación da revista[22].
En canto ao sistema de avaliación, primeiro pasa un filtro editorial e logo é enviado a pares cegos externos. Posteriormente o equipo editorial recibe a proposta final, lévase a corrección ortográfica e maquetado. Este último proceso é compartido coa autora ou autor para o visto bo e publicación.
Todos os números están dispoñibles tanto en papel como na hemeroteca dixital de Mazarelos. O seu prezo de venda ao público é de 9€[23].
A publicación adoita manter unha estrutura en canto á presentación dos seus contidos:
- Capa. Todos os números están encabezados pola obra dunha artista galega. No primeiro número foi unha fotografía, e nos seguintes unha ilustración.
- Editorial. Ao abrir a revista é o primeiro que aparece. Trátase dun breve texto de poucos parágrafos nos cales se reflexiona sobre algún tema en concreto relacionado coa Historia, sexa de actualidade ou non.
- Convidada/o. O primeiro artigo escríbeo unha convidada ou convidado seleccionado polo equipo editorial por considerar de interese as súas liñas de investigación.
- Persoeiro. Nalgúns números tamén ocupa os primeiros postos un artigo dedicado a algunha persoa que fixese algunha contribución á cultura galega pero que non tivo unha repercusión demasiado notable.
- Artigos centrais. O corpo central da revista está constituído por artigos de investigación, divulgación ou reportaxes enviados por persoas interesadas en publicar na revista. Adoitan publicarse 4 ou 5 artigos por número.
- Entrevista. En cada número publícase en penúltimo lugar unha conversa entre dúas persoas. O que pretende a publicación é ofrecer ás lectoras e lectores unha conversa na cal, a partir dunha pregunta, as dúas persoas poidan dialogar, interrumpirse e incluso preguntarse cuestións entre elas. Adoitan ser persoas relevantes do mundo da cultura ou da universidade.
- Artigo sobre unha asociación. Para pechar cada revista convídase a unha persoa dalgunha asociación ou entidade que se considere de interese para escribir un artigo contando a historia e a actividade actual da agrupación.
Números publicados
editarNúmero | Portada | Índice dos artigos |
---|---|---|
1 (xaneiro 2020) | Iago Crespo | Trens que se cruzan na noite ou o Xano bifronte? Sobre o diálogo entre a Historia e a Ciencias Sociais – Zira Box
Lembrando a Daníel García Ramos, Pioneiro na normalización lingüística do galego na xustiza – Miguel Rodríguez Martínez As labregas nos conflitos do rural da primeira metade do século XX – Lucía Veciño Souto Castelao en Fene? Apuntes sobre o galeguismo local – Roque Sanfiz Arias A «fronte interior» na comarca do Ribeiro (1936-1937). Un aporte sobre as represalias económicas na vila de Ribadavia – Mateo Martínez Torres Rapadas, humilladas e prisioneiras: a represión cara a muller durante o primeiro franquismo – Sara Penide de la Torre 40 anos das eleccións municipais do 3 de Abril: algunhas reflexións e varias tarefas pendentes – Brais Ferreiro Ares O palacio da encomenda de Beade. Vestixios do esplendor vitivinícola – Lucas Sánchez Taboada Señores e serventes no Museo Pazo de Tor – Clara Reigosa Lombao Entrevista a Miguel Anxo Seixas Seoane e Lourenzo Fernández Prieto |
2 (maio 2020) | Andrea Rivas | História da Ditadura: uma experiência de divulgação do conhecimento histórico – Paulo Cesar Gomes
Enriqueta Otero Blanco. De mestra a guerrilleira antifranquista – María Núñez Cobas Poñendo os pés na terra. Sobre o diálogo entre a Historia e a Psicoloxía social – Daniel Balinhas Arquitectura e militancias aquén e alén: a imaxe de Galiza e modernidade en Caridad Mateo e Gómez Román – Santiago Rodríguez Caramés Unha estudantina pasada por auga. A Compostela de Pérez Lugín – Jose Manuel Suárez García Rescatando a memoria dun artista clave: o prateiro compostelán Ricardo Martínez Costoya (1859-1927) – Ana Pérez Varela Derivé pública na praxe artística de Nicolás Combarro – Jorge Viz González Conversa con Diana Pelaz Flores e Jose Miguel Andrade Cernadas De fouce e agulla – Andrea Rivas Fiel |
3 (novembro 2020) | Xosé Poldras | A Cátedra de Cultura Galega ‘Xosé Neira Vilas’ da Universidade da Habana. Trinta anos tecendo redes entre as dúas beiras do Atlántico – Arantxa Fernández Crespo
Sofía Casanova. Correspondente galega en cinco guerras do século XX – Eila Rodríguez Filgueiras Radicalismo ou extremismo? Ás cousas polo seu nome – Marcos Dono Martín Cartas, ondas e pedras. A Igrexa Católica na República Dominicana durante a ditadura e a transición democrática (1954-63) – Adrián Feijoo Sánchez A performance falanxista. O culto a Santiago e a crónica de Urbano Tavares Rodrigues – Emilio P. Cancelo As olladas do rexionalismo crítico. Identidades arquitectónicas nas periferias peninsulares (1960-90) – Santiago Rodríguez Caramés GaliPIXEL. Notas sobre a industria e a cultura dos videoxogos en Galicia – Jose Carlos García Vega Conversa con Manuel Gago e Miguel Ángel Cajigal Poema da desolación – Francisco Álvarez Koki |
4 (febreiro 2021) | Lidia Cao | “No queda nación que aquí no venga”. Unha ollada á Galicia medieval dende a outra beira do Atlántico – Simon Doubleday
Se o mar tivese varandas… Os galegos do Brasil: tres historias de vida – David Fontán Bestilleiro Mulleres e sindicalismo na Galicia da Restauración (1874-1923) – Arturo Real López Álvaro Cunqueiro e Manuel Fraga na ‘diplomacia céltica’ do desarrollismo (1961-69) – Carlos Calvo Varela As novas voces da música en galego: DIY, precariedades e autoxestión – Marina González Somos o que comemos? Industria cárnica, superporcos e identidade en Okja, de Bong Joonho – Teresa Moreno Olmeda Conversa con Ana Cabana Iglesia e Alba Díaz Geada Obaixoulla.gal. Asociacionismo, patrimonio e cultura do software libre – Lucía Santiago Sanmiguel e Alberto Permuy Leal |
5 (xuño 2021) | Susana Suniaga | Ex oriente lux. Arqueoloxía no berce da civilización – Juan Luís Montero Fenollós
María Antonia Dans. Pés de foto como poemas – Lois Alcayde Dans A vangarda na poesía galega do século XX. Notas sobre algúns poemas de Cunqueiro e Pessoa – Marcos Filgueiras Allegue Entre a devastación e a restauración. A diocese de Tui entre os séculos X e XII – Carlos Quivén Sánchez Que pasaría se en lugar dun home houbese unha muller? – Sofía Gutiérrez Pereira e Pablo Sarmiento-Neira A responsabilidade legal de España co Sáhara Occidental. O novo escenario do conflito dende o dereito internacional – Claudia Orosia Galego Sisto Traducindo as loitas das mulleres. A nosa negra de Harriet E. Wildon – Benita Sampedro Vizcaya Conversa con Paula Carballeira e Xurxo Souto A reivindicación do Pasatempo e a historiografía betanceira – Ángel Arcay Barral, Adrián Feijóo Sánchez e Daniel Lucas Teijeiro Mosquera |
6 (outubro 2021) | Lucía Escrigas | Silvano en Asunción. Unha memoria do real e do irreal – Philip Duncan Webb
Entre gubias e labras: O escultor Luis Ferreiro Peinó no seu centenario – Xoán Luis Ferreiro Carballido, Brais Ferreiro Ares Necrópoles altomedievais galegas: Unha análise arqueolóxica (séculos VI-XI) – Martín Pérez Vale As covas do Monte Galiñeiro: Unha interpretación do patrimonio inmaterial – Carlos Xabier Ares Pérez Auxe e caída da morde (do outro) – José Manuel Suárez García Os camiños do exilio español. Do golpe de estado de 1936 aos campos de concentración europeos – Alba Garrido Fernández Un selfie autoetnográfico. Escribindo e camiñando cara a aldea cosmopolita – Lucía Álvarez Borrajo Conversa con Isidro Dubert e Antía Pérez Caramés Nordés, ou como as diferenzas xeran correntes asociativas – Leticia Breijo Fernández e Luis Real Baltar |
7 (febreiro 2022) | Julia González | O fútbol galego: unha perspectiva británica – Matt McGinn
Joaquín Pérez Domínguez. Medio século nun arquivo fotográfico familiar – Roque Sanfiz Arias A Tiara Valquiria. A cultura europea como inspiración – Iria-Friné Rivera Vázquez Manuel Fraga como dirigente da Internacional Conservadora (1980-86) – Carlos Calvo Varela A lóxica do monumento. O esvaecemento do pedestal – Jorge Viz González Diálogos pendentes na crise ecosocial. Unha proposta de abordaxe integrando ensinanza e acción rural – David García Romero e Diego Salido Herba “Cando o ferro está quente hai que bater nel” Conversa con Margarita Ledo e Marta Pérez Pereiro – Miguel Rodríguez Martínez e Roque Sanfiz Arias Da ribeira, da montaña e do val: Segredos de Pantón – Lucas Vázquez |
8 (outubro 2022) | Iria Ribadomar | Antonio Murado: un artista do século XX – Clara Reigosa Lombao
Revolución, revolta ou rebelión irmandiña? Hipótese sobre a terminoloxía e metas deste fenómeno xusticieiro – Roberto Fernández Gondar No ollo do bispo está o pecado. A relixiosidade popular e o clero na Galicia dos tempos da reforma – Mario Sixto Puente A deusa Atenea. Primeira imaxe do Museo Provincial de Lugo – Aurelia Balseiro García Galicia en Xapón. Foglio I: música para clavicémbalo do século XX – Roberto Oliveira-Ogando “Criámonos sobre o branco e negro do papel” Conversa con Arantza Portabales e Diego Giráldez – Lucas Sánchez Taboada e Miguel Rodríguez Martínez Espazo Brétema: arte e cultura. Unha asociación para a catalogación da arte galega – Equipo de Espazo Brétema |
9 (decembro 2022) | Julia Lago | Comunicação: compromisso e prática na ciência. A experiência do projeto de investigaçao ReSEED – Caroline Delmazo
Agora ou nunca. O cartel do estatuto de Castelao – Iria Friné Rivera Vázquez A iconografía de San Xoán Bautista na Santa Igrexa Catedral Basílica de Santa María de Lugo – Marcos Gerardo Calles Lombao Os proxectos de reforma provincial de 1822 e 1833. 200 anos da primeira provincia de Ourense – Carlos Lozano González A Rusia pequena. Microhistoria dunha agraria socialista no Ribeiro – Mateo Martínez Torres San Gonzalo, de Álvaro Cunqueiro. O xogo do real, o santo e o mítico nunha haxiografía galega – Marcos Filgueiras Allegue “Os verdugos levan poñendo trampas moitas décadas para borrar a evidencia do seu crime”. Entrevista a Conchi López e Antonio Míguez – David Miguel Rodríguez Martínez e Brais Ferreiro Ares |
10 (abril 2023) | Sarai Lorenzo | Na procura do Patrimonio Inmaterial: identidade e creación colectiva – Sara Fraga Pérez
O monumento de Manuel Pailós no espazo público compostelán – Jorge Viz González e Alba Rivas Regal Xénese socio-institucional da liberdade negativa e desprazamento da liberdade republicana – Marco Antonio Álvarez Sánchez Como se representa o fascismo na ESO? Un estudo de caso en Cospeito – Diego García Couso “Fai falta educación na imaxe, na súa importancia e na relevancia do xornalismo”. Entrevista a Charo Lopes e Brais Lorenzo – David Miguel Rodríguez Martínez e Brais Ferreiro Ares Agrupación Instrutiva de Caamouco: de escola indiana a motor cultural da parroquia – Daniel García Fernández |
11 (setembro 2023) | Aroa Outón | Como sobreviviron as linguas indíxenas de México? Apuntamentos sobre o purépecha – David Miguel Rodríguez Martínez
A preservación dunha nación alén do mar: música e identidade galega nas Américas – Santiago Guerra Fernández De camelias, mocións e emocións. Memoria e relato da transición – Arturo Real López Os pastos mistos. O derradeiro vestixio do Couto Misto – Serxio María Rodríguez Álvarez “Cando barallamos sobre o futuro cústanos pensar como afectaron ás persoas os cambios climáticos”. Entrevista a Olalla López Costas e Rebeca Tallón Armada – Brais Ferreiro Ares e David Miguel Rodríguez Martínez Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Medio século defendendo a cultura e os sinais nacionais do pobo galego – María Xosé Bravo e Xosé Manoel Sánchez Rei |
12 (decembro 2023) | Blanca Vila | Sacauntos e chupasangues. Os mitos dos secuestradores de nenos na cultura galega – Rafael Quintía Pereira
Transmisión da música tradicional. Unha achega crítica desde a teoría do coñecemento – Francisco Bermúdez Espazos ocupados e percibidos. O caso de Ilduara Eriz e das nobres altomedievais – Laura Rodríguez Rodríguez Da Terra de Montes á comarca bergantiñá. Unhas notas sobre o escultor Francisco Rodríguez Gómez – Luis Bermúdez Fernández “Os integrantes do ecosistema verbeneiro teñen pouca conciencia da súa importancia na dinamización do rural”. Conversa con Íñigo Sánchez-Fuarros e Zósimo López – Brais Ferreiro Ares e David Miguel Rodríguez Martínez Asociación Cultural O Carballo. Orixe e metamorfose dunha iniciativa cultural nun concello rural – Alexandre Varela Rubín |
13 (maio 2024) | Rosa de Cabanas | A xeración coa chave ao pescozo. Entrevista a Mihaela Ciobanu – Amelia Fidalgo
Historias de boleros e pobreza. Experiencias dunha moza conserveira (1946-1964) – Pablo Molejón-Fontán Dereitos das mulleres como Dereitos Humanos. Do silenciamento ao Dereito Internacional – Sara De Torres Riveiro 30m2. Unha ollada ao sistema de parques compostelán – Aldara Castro Meizoso “É chamativo ver como os problemas das mulleres se repiten secularmente no mundo da emigración”. Conversa con Pilar Cagiao e Domingo González Lopo – David Miguel Rodríguez Martínez e Brais Ferreiro Ares (ent.); Andrea Rivas Fiel (fot.) Rede Galega de Estudos Queer. Un espazo de pesquisa sobre xénero e sexualidade na Galiza – Alba Casas González |
14 (outubro 2024) | Andrea de Toba | O Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social (IPHES). Entrevista a Marina Mosquera Martínez – Roque Sanfiz Arias e David Miguel Rodríguez Martínez
Hayden White: metahistoria e historia como artefactos literarios – André González Mayo Usos, estado e preitos dos montes galegos na Idade Moderna – Alba María Chantada Sineiro As cruces procesionais de madeira do Corgo. Símbolo de fe e tradición – Adrián Flores Vázquez Philip West e a súa forma de comprender o mundo – Dolores Villaverde Solar Orgullo de barrio. Mulleres e movemento veciñal na Transición – Uxía Martínez Fernández “Galicia foi un lugar bisagra nas conexións entre o Norte e o Sur Atlántico”. Entrevista a Irene García Losquiño e Jose Carlos Sánchez Pardo – Brais Ferreiro Ares Asociación Galega de Deseño. Actividade, divulgación e futuro – Equipa da DAG Recomendacións editoriais – Roque Sanfiz Arias e David Miguel Rodríguez Martínez |
15 (decembro 2024) | Theresa Lousame | Bruarán novos ventos - Equipo editorial
Entrevista a Hermann Parzinger - Mar Pereira Gómez O outro Santiago. A conservación e o culto das reliquias de Santiago o Menor e outras representacións do apóstolo na catedral - Paloma Fachal García A educación feminina en Galicia (s. XVIII-XIX) - Ana M. Sixto Barcia Sociabilidade relixiosa no mundo rural de posguerra - Nerea Garrido Casado Amnesia, negación ou rebumbio? España perante os pasados coloniais - Manuel Castelao Ouzande “Á lus do televisor”. Ocio e comunidade no rural tardofranquista a través dos Teleclubs” - Alexandre Varela Rubín "O fondo da pota queimouse, e hai algo que temos que raspar". Entrevista a Bruno Arias e Lidia Veiga - Brais Ferreiro Ares e David Miguel Rodríguez Martínez “Cincuenta anos máis para a Casa de Rosalía” - Rocío Castro Recomendacións editoriais - Adrián Feijoo Sánchez e Arturo Real López |
Notas
editar- ↑ "Revista Mazarelos". Goteo. Consultado o 3/4/2024.
- ↑ Mosteiro, Marga (3 de outubro de 2019). "Campaña de alumnos da USC para editar unha revista de Historia". La Voz de Galicia. Consultado o 3/4/2024.
- ↑ "Nace en papel a revista de historia e cultura galega Mazarelos". Zigzag Diario (Televisión de Galicia). 18 de febreiro de 2020. Consultado o 03/04/2024.
- ↑ M. García, Nair (4 de febreiro de 2020). "Unha crónica da presentación da Revista Mazarelos". Mazarelos.gal. Consultado o 03/04/2024.
- ↑ Pin, Irene (6 de febreiro de 2020). "A revista de divulgación histórica 'Mazarelos' preséntase en Ferrol". Nós Diario. Consultado o 03/04/2024.
- ↑ "Primer número de la revista Mazarelos". La Voz de Galicia. 16 de febreiro de 2020. Consultado o 03/04/2024.
- ↑ "Presentación da revista “Mazarelos". Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Arquivado dende o orixinal o 05/08/2020. Consultado o 03/04/2024.
- ↑ "Presentación do segundo número de Mazarelos en Santiago". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024.
- ↑ "Conferencia “O recrutamento dos soldados de Franco” e presentación de Mazarelos 2". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024.
- ↑ "Debate “Museos, estratexia dixital e divulgación” e presentación de Mazarelos 3". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024.
- ↑ "Novas Artistas Galegas". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024.
- ↑ "Presentación Mazarelos 5 en Betanzos". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024.
- ↑ "Presentación de Mazarelos 6 na Fundación Vicente Risco de Allariz". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024.
- ↑ "Se presenta el último número de la revista ‘Mazarelos’ en el Museo". El Progreso. 27 de outubro de 2022. Consultado o 05/04/2024.
- ↑ "Presentación revista Mazarelos e inauguración exposición ‘Galicia en Foco’". Mazarelos.gal. Consultado o 3/07/2024.
- ↑ "O novo número da revista Mazarelos céntrase na historia do Couto Mixto". GCiencia. 31 de outubro de 2023. Consultado o 03/07/2024.
- ↑ "Presentación de la revista "Mazarelos. Novos relatos da Transición medio século despois". El Ideal Gallego. Consultado o 03/07/2024.
- ↑ "Presentación Mazarelos 12 en Taboada". Mazarelos.gal. 28 de febreiro de 2024. Consultado o 3/07/2024.
- ↑ Baena, Ana (20 de xuño de 2024). "“Hai moito mito coas mulleres nas conserveiras”". Atlántico Diario. Consultado o 03/07/2024.
- ↑ "Mazarelos Coop". Mazarelos Cooperativa. Consultado o 08/04/2024.
- ↑ "Convocatorias". Mazarelos.gal. Consultado o 08/04/2024.
- ↑ "Normas de publicación". Mazarelos.gal. Consultado o 8/04/2024.
- ↑ "Tenda da Revista Mazarelos". Tenda da Revista Mazarelos. Consultado o 03/07/2024.