Julia Lago
creadora de banda deseñada
Julia Lago, nada na Coruña en 1994, é unha ilustradora e creadora de banda deseñada galega.
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | ilustradora, artista de banda deseñada ![]() |
Traxectoria
editarComezou Economía e seguiu con Belas Artes entre Pontevedra e Granada. Tamén estudou Ilustración e Deseño en Valencia.[1]
A súa primeira publicación de banda deseñada foi da man da Universidade de Vigo. Con Nós seis, gañou o premio Castelao de BD en 2021.[2][3] Na obra conta a infancia da súa avoa nun internado relixioso nos tempos da ditadura franquista. Segundo a autora[4]:
"o título fai referencia ao nome que as monxas lle atribuían ao grupo de amigas" da súa avoa "que tiñan libros, cadernos e pupitres decorados coas iniciais `NS´. Estas iniciais convertidas no seu selo, ocultaban en realidade unha sublevación secreta que facía referencia ao Non Serviam de Lucifer".
Traballa na ilustración e leva A Grelería,[5] unha galería de arte dedicada á obra gráfica xunto con Lacongongrelos,[6] ademais de participar na organización do Autobán, o festival de cómic autoeditado.[7]
Obra
editar- Nós seis (2021). Deputación Provincial da Coruña. 64 páxs. ISBN 9788498123906.
Notas
editar- ↑ ECG, Redacción. "Julia Lago gaña o premio Castelao da Deputación da Coruña". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2023-08-11.
- ↑ G.N. (2021-06-16). "Julia Lago gaña o premio Castelao cun cómic que recrea a infancia da súa avoa nun internado franquista". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-08-11.
- ↑ Redacción (2021-06-16). "La artista Julia Lago gana el Premio Castelao de Banda Deseñada con la obra ‘Nós Seis’". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-08-11.
- ↑ culturagalega.org (2021-06-15). "A súa obra Nós Seis aborda a vida dunha nena nun internado franquista a partir dunha historia real". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-08-11.
- ↑ Redacción (2022-07-13). "Los ladrones destrozan el rótulo artesanal de la galería Grelería de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-08-11.
- ↑ "laconcongrelos - taier de gráfica". laconcongrelos (en castelán). Consultado o 2023-08-11.
- ↑ "Autobán". Autobán (en castelán). Consultado o 2023-08-11.