Manuel Celso Garrido
Manuel Celso Garrido Rodríguez, nado na Merca o 2 de decembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 6 de outubro de 1960, foi un mestre, escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1915 ![]() A Merca, España ![]() |
Morte | 6 de outubro de 1960 ![]() Santiago de Chile ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor, xornalista ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de José María Garrido Mouriño de Parderrubias e Aurora Rodríguez Rodríguez da Merca, o seu avó materno José María Rodríguez Acedo, foi xuíz municipal do concello da Merca. Orfo de pai aos 11 anos, trasladouse a Ourense para estudar o bacharelato e en 1930 iniciou os estudos de Maxisterio na Escola Normal, que rematou en 1933. Exerceu como mestre en Sanguñedo (Verea), militou na Xuventude Izquierda Republicana e vinculouse ás Mocedades Galeguistas de Ourense, actuando con elas na campaña electoral de febreiro de 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como mestre e permaneceu agochado. En marzo de 1937 foi detido. Condenado a traballar no campo de concentración do Cumial, pasou dous anos na cadea, e cando foi posto en liberdade enrolárono pola forza e foi enviado a Oviedo. Ao rematar a súa situación militar como mobilizado, decidiu exiliarse. Cunha identidade falsa trasladouse a Lisboa e desde alí a Buenos Aires. Na Arxentina estivo un tempo breve, colaborando coa Federación de Sociedades Galegas e co seu periódico Galicia. Instalouse en Chile, traballou en La Opinión e foi delegado do Consello de Galicia, colaborando con Germán Vidal Barreiro e Ramón Suárez Picallo. Foi amigo do presidente de Chile Gabriel González Videla e ingresou a traballar no xornal La Hora órgano oficial do Partido Radical.
Puxo fin á súa vida en outubro de 1960. Aos poucos días da súa morte o Presidente da República Española no exilio concedeulle o título póstumo de Caballero de la Orden de la Liberación de España.
Obras
editar- Saudade. Un limiar e catorce poemas galegos, 1953 (asinado como Manoel-Celso Garrido).
Vida persoal
editarCasou con Olga Elena Bouzo Vidal o 2 de novembro de 1951 e foi pai de Aurora Elena, María Milagros e José Manuel Garrido Bouzo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Freire Freire, Marivel (2001). "Manuel Celso Garrido. Achegamento á suá vida e obra". En Consello da Cultura Galega. Congreso Internacional o Exilio Galego (PDF). Santiago de Compostela. pp. 999–1035. ISBN 84-96530-29-9.
- Pérez Leira, Lois (2011). Protagonistas de una historia colectiva II. Vigo: Grupo de Comunicación de Galicia en el Mundo. pp. 145–154. ISBN 978-84-938464-4-2.
Ligazóns externas
editar- Biografía na Enciclopedia da Emigración.
- Manuel Celso Garrido Rodríguez (1915-1960 por Juan Carlos Sierra Freire.