Consello de Galiza
O Consello de Galiza foi unha entidade política galega que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo e que pretendía aglutinar os deputados galegos, por riba de partidos políticos, para dotar dun órgano político a Galicia no exilio e que pretendía actuar na práctica como un goberno galego no exilio, lexitimado polo Estatuto de autonomía que se sometera a plebiscito en 1936, pero sen chegar a constituírse formalmente como a Xunta que prevía o propio Estatuto.
Consello de Galiza | |
---|---|
![]() | |
Tipo | organización política |
Data de fundación | 15 de novembro de 1944 |
Presidente/a | |
País | Uruguai |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/2/21/Acta_de_Constituci%C3%B3n_do_Consello_de_Galiza%2C_Montevideo%2C_1944_11_15.jpg/220px-Acta_de_Constituci%C3%B3n_do_Consello_de_Galiza%2C_Montevideo%2C_1944_11_15.jpg)
Historia e características
editarA iniciativa da constitución do Consello de Galiza foi de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, influído polo pensamento de José Antonio Aguirre, o lehendakari no exilio. O seu primeiro presidente foi o propio Castelao e estaba formada ademais, nun primeiro momento, por Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo e Elpidio Villaverde. Posteriormente integrouse Alfredo Somoza.
Coa morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950 e o exilio de Ramón Suárez Picallo en Chile, o Consello de Galiza quedou orfo de figuras representativas. Para reactivalo os deputados Alonso Ríos, Suárez Picallo e Villaverde convocaron aos directivos das principais sociedades galegas a unha xuntanza o 11 de xullo de 1960 na sede do Centro Pontevedrés. Nesa reunión foi nomeado Antonio Alonso Pérez secretario xeral de coordinación do novo Consello de Galiza. Editaron o boletín Consello de Galiza.
Recoñecemento de Castelao como primeiro presidente
editarO 15 de novembro de 2024, na conmemoración do 80º aniversario do Consello de Galiza, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi recoñecido -simbolicamente, non oficialmente- como primeiro presidente da autonomía política do país no Parlamento de Galicia.[1][2] Co gallo do 75 aniversario da morte de Castelao, o BNG, en xaneiro de 2025, propuxo que se lle dese rango legal mediante un acordo do plenario do Parlamento galego.[3]
Notas
editar- ↑ "Castelao, presidente". Praza Pública. 15 de novembro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024.
- ↑ "Castelao é nomeado como primeiro presidente de Galicia polo Parlamento". g24.gal. 15 de novembro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024.
- ↑ Ferreiro, Xacobe (7 de xaneiro de 2025). "Ana Pontón: "Galiza precisa máis Castelao que nunca"". nosdiario.gal. Consultado o 8 de xaneiro de 2025.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Consello de Galiza |
Bibliografía
editar- "Consello de Galiza". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Alvajar López, Javier (1988). "Apuntes sobre la Delegación del Consejo de Galicia en Europa" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (11): 125–136. ISSN 1130-7625. Co texto da Acta de Constitución do Consello de Galiza.
- ————————— (1989). "Apuntes sobre la Delegación del Consejo de Galicia en Europa (II)" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (12): 175–208. ISSN 1130-7625.
- ————————— (1990). "Apuntes sobre la Delegación del Consejo de Galicia en Europa (III)" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (13): 141–204. ISSN 1130-7625.
- Cores Trasmonte, Baldomero (2005). "Consello de Galiza". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Torres Regueiro, Xesús (12 de abril de 1995). "Crónica do Consello de Galiza en Europa. Xavier e César Alvajar sostiveron o organismo até 1976". A Nosa Terra (669).
- Villares, Ramón; Núñez Seixas, Xosé M., eds. (2017). Os exilios ibéricos: unha ollada comparada. Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-92923-88-5.
Outros artigos
editarLois Tobío Fernández sobre o Consello de Galiza. |
Ligazóns externas
editar- Manifesto do Consello de Galiza en xaneiro de 1970. Arquivado 07 de abril de 2020 en Wayback Machine.