Luci Gómez
Lucía Gómez González, nada na Coruña o 20 de xaneiro de 1992, é unha xogadora de fútbol sala galega, que xoga de á no Poio Pescamar da Primeira División. Internacional coa selección española dende 2017, conquistou con esta as tres primeiras Eurocopas da historia.
Nome orixinal | Lucía Gómez González | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 20 de xaneiro de 1992 ![]() A Coruña, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | deportista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol sala ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Á | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFormouse como xogadora de fútbol sala na canteira do Sal Lence. Trala fusión deste club co Viaxes Amarelle, militou no novo equipo, co que debutou na Segunda División nacional na tempada 2008/09.[1] Militou na categoría de prata ata 2012, cando o equipo logrou o ascenso á Primeira División, na que xogou durante os seguintes dous anos. Para a tempada 2014/15 fichou polo Lacturale Orvina de Pamplona, co que acabou descendendo na súa segunda tempada.
En 2016 regresou a Galicia para xogar no Ourense Envialia e na súa primeira tempada conquistou a Copa de España, marcando o gol da vitoria na final ante o Navalcarnero (3-2).[2][3]
Entre 2018 e 2020 militou no Burela, co que gañou unha liga, unha Copa da Raíña e unha Supercopa de España.[4] En 2020 fichou polo Poio Pescamar.[5]
Selección española
editarDebutou coa selección española o 10 de outubro de 2017, nun partido amigable contra Portugal.[6] En 2018 xogou a fase de clasificación para a primeira Eurocopa da historia, e en 2019 participou na fase final do propio torneo, que se disputou na vila portuguesa de Gondomar. Alí proclamouse campioa de Europa despois de gañar por 4-0 á selección anfitrioa. Volveu ser convocada para a Eurocopa de 2022, onde o equipo español levantou o seu segundo título despois de derrotar de novo a Portugal na final. Un ano despois celebrouse en Debrecen a terceira edición da Eurocopa, e a selección española confirmou o seu absoluto dominio do fútbol sala europeo, gañando o título na final ante Ucraína.[7]
Estatísticas
editarClub | Div. | Tempada | Liga | Copas
nacionais |
Torneos
internacionais(2) |
Total(3) | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | |||||||||||
Viaxes Amarelle | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2012-13 | 26 | 6 | 1 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 26 | 6 | 1 | 0 | ||
2013-14 | 26 | 6 | 3 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 26 | 6 | 3 | 0 | ||
Total club | 52 | 12 | 4 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 52 | 12 | 4 | 0 | ||
Lacturale Orvina | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2014-15 | 30 | 15 | 2 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 30 | 15 | 2 | 0 | ||
2015-16 | 29 | 11 | 3 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 29 | 11 | 3 | 0 | ||
Total club | 59 | 26 | 5 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 59 | 26 | 5 | 0 | ||
Ourense Envialia | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2016-17 | 28 | 6 | 3 | 0 | 3 | 1 | 0 | 0 | - | - | - | - | 31 | 7 | 3 | 0 | ||
2017-18 | 29 | 14 | 2 | 0 | 3 | 2 | 0 | 0 | - | - | - | - | 32 | 16 | 2 | 0 | ||
Total club | 57 | 20 | 5 | 0 | 6 | 3 | 0 | 0 | - | - | - | - | 63 | 23 | 5 | 0 | ||
Burela | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2018-19 | 28 | 12 | 3 | 0 | 3 | 1 | 0 | 0 | - | - | - | - | 31 | 13 | 3 | 0 | ||
2019-20 | 21 | 3 | 1 | 0 | 4 | 1 | 0 | 0 | 2 | 1 | - | - | 27 | 5 | 1 | 0 | ||
Total club | 49 | 15 | 4 | 0 | 7 | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | - | - | 58 | 18 | 4 | 0 | ||
Poio Pescamar FS | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2020-21 | 24 | 8 | 5 | 0 | 5 | 1 | 2 | 0 | - | - | - | - | 29 | 9 | 7 | 0 | ||
2021-22 | 30 | 16 | 4 | 0 | 2 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 32 | 16 | 4 | 0 | ||
Total club | 54 | 24 | 9 | 0 | 7 | 1 | 2 | 0 | - | - | - | - | 61 | 25 | 11 | 0 | ||
Total carreira | 271 | 97 | 27 | 0 | 20 | 6 | 2 | 0 | 2 | 1 | - | - | 293 | 104 | 29 | 0 | ||
(1) Inclúe datos da Copa de España / Supercopa de España. (2) Inclúe datos de Campionato de Europa de Clubs.
(3) Non Inclúe datos de partidos amigables. |
Palmarés
editar- Viaxes Amarelle
- Segunda División (1): 2011/12.
- Burela
- Primeira División (1): 2019/20.
- Copa da Raíña (1): 2020.
- Supercopa de España (1): 2020.
- Selección española
- Eurocopa (3): 2019, 2022, 2023.
Notas
editar- ↑ "Lucía Gómez: “El equipo está yendo por el buen camino, estamos entrenando mucho y veo al grupo muy implicado”". Acfsf (en español). 29 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2019. Consultado o 17 de julio de 2020.
- ↑ Fernández, Juan Ramón (14 de xuño de 2017). "'Luci': "Estamos en una nube; ganar el título es un regalo de Dios"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ "Lucía Gómez y Martita se asientan en la selección española". La Opinión A Coruña (en castelán). 13 de outubro de 2017. Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ "Luci no seguirá en Pescados Rubén Burela" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ "Lucía Gómez, primer fichaje del Poio Pescamar". Faro de Vigo (en castelán). 9 de xullo de 2020. Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ Rodríguez, Luis M. (11 de outubro de 2017). "«Tengo mucho que aprender»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ "Raíñas de Europa". Diario de Pontevedra. 20 de marzo de 2023. Consultado o 2 de abril de 2023.