Lucía Ferro
Lucía Fernández Rodríguez, nada en San Miguel de Reinante (Barreiros) o 14 de decembro de 1991, coñecida como Lucía Ferro, é unha novelista, poeta, blogger e performer galega.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1991 ![]() San Miguel de Reinante, España ![]() |
Educación | Universidade da Coruña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enfermeira, escritora ![]() |
Sitio web | luciaferro.es ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Enfermaría na Universidade da Coruña, e exerceu no Reino Unido e desde finais dos 2010 nos Países Baixos.[1] Regresou a Galicia a comezos dos 2020 coa súa primeira novela no berce, e abandonou o exercicio profesional para se dedicar á escrita, na que se pode observar a influencia do seu contacto co mundo da sanidade. Segundo as súas propias verbas, comezou a escribir por unha necesidade vital de expresión en recoñecemento.[1]
Publicou artigos en diversos medios como Praza,[2] O Salto[3] ou Chío,[4] e participou en eventos como a Cedofestiña co Colectivo As Vacas Fracas.
Obra
editarProsa
editar- Resaibo amargo (2021) [5]
- En Brandán (2023, ISBN 978-84-128471-1-6)[6]
Poesía
editar- Laídos cardíacos (2024, ISBN 978-84-128471-8-5)[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Lucía Ferro, escritora barreirense: “Gústame ler un pouco de todo para ter unha visión máis ampla”". AMariñaXa. Consultado o 2025-01-23.
- ↑ "Artigos de Lucía Ferro". Praza Pública.
- ↑ "Existe a democracia nas redes sociais?". El Salto Diario (en local). 19 de abril de 2023.
- ↑ https://xn--cho-sma.com/wp-content/uploads/2024/12/Chio-Decembro-35_compressed.pdf
- ↑ Pablo Villapol (19 de xuño de 2022). "Lucía Ferro: "Quixen amosar a complexidade das relacións tóxicas"". El Progreso.
- ↑ Pablo Villapol (8 de setembro de 2023). "Lucía Ferro: "Escribín unha novela negra, pero con humor e personaxes normais"". El Progreso.
- ↑ Antonio Gregorio (15 de decembro de 2024). "Máis unha presentación, unha festa nun rural vivo". Praza Pública. Consultado o 2025-01-23.