Colectivo As Vacas Fracas

asociación cultural galega

O Colectivo As Vacas Fracas é un colectivo artístico multidisciplinar, constituído en Ribadeo por un grupo de persoas novas en 2021. Xurdiu ante a necesidade de crear de forma colectiva e atopar un espazo no que levantar a voz, expresarse e compartir. O ámbito territorial da asociación é Ribadeo, comarca da Mariña lucense e arredores. O obxectivo principal é reactivar o arte na Mariña, apoiando novas artistas de diferentes disciplinas. As compoñentes iniciais aglutinaban formación artística, deseño, fotografía e comunicación.[1]

Colectivo As Vacas Fracas
Pazo de Cedofeita na celebración da Cedofestiña 2024
Tipoasociación cultural
Data de fundación2021
SedeRibadeo
PaísGalicia
Na rede
Facebook: asvacasfracas Instagram: asvacasfracas Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Mesa redonda sobre cultura e arte na Cedofestiña 2024
Mesa redonda sobre cultura e arte na Cedofestiña 2024, con Lucía Ferro (á nosa esq.), Clara Maseda e Sandra González (der.)
Actuación de Catuxa Salom na Cedofestiña 2024
Actuación de Catuxa Salom na Cedofestiña 2024

Outros obxectivos son:

  • O fomento da expresión artística e da dinamización sociocultural de Ribadeo e arredores.
  • A reivindicación da cultura local e rural, prestando especial atención á mocidade e buscando a xeración de espazos comunitarios de encontro interxeracional, que promovan a expresión individual e a conciencia colectiva.
  • O aproveitamento de ditos espazos como puntos de encontro seguros para colectivos diversos, respectuosos, feministas e inclusivos.
  • Pretenden, usar e poñer en valor espazos de interese histórico no rural, como o pazo de Cedofeita (onde se celebran as Cedofestiñas), e puntos estratéxicos do casco histórico de Ribadeo coma a fonte dos Catro Caños.

Como exemplo, as propostas feitas para o ano 2022 foron:[1]

  • abril: Mural colectivo e concerto
  • abril: Obra de teatro a beneficio dunha asociación
Mural promovido polo colectivo no CIFP Porta da Auga
Mural promovido polo colectivo no CIFP Porta da Auga
  • maio/xuño: Festival de muralismo[2]
  • xullo: Cedofest: Festival de música e artes plásticas
  • agosto: Festival de curtas cinematográficas

O grupo, en continuo movemento, evoluíu dende o comezo sen cambiar os obxectivos, cambiando só matices como a integración na última semana de agosto de 2024 na Cedofestiña o Cedofest e o Festival de curtas, que aglutinou a xente como Rosalía G.T., Lucía Ferro, Kornucopia ou Catuxa Salom.[3][4][5][6]

  1. 1,0 1,1 Dossier 'As vacas Fracas Colectivo"
  2. "As Vacas Fracas pintará un mural no piar da Ponte dos Santos, no paseo do Faro |". Crónica 3. 2023-03-15. Consultado o 2024-09-03. 
  3. "A segunda Cedofestiña celebrarase en Cedofeita (Ribadeo) o 31 de agosto". Faro Ocio Norte (en castelán). 2024-08-18. Consultado o 2024-09-03. 
  4. Agremon (2 de setembro de 2024). "Dunha festiña". Ribadeando. Consultado o 2024-09-03. 
  5. Asturias, AQUÍ Diario: Noticias de A. Mariña Lucense y Occidente de (2024-08-21). "La música y el cine protagonizarán la Cedofestiña, organizada por el colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas". AQUÍ Diario: Noticias de A Mariña Lucense y Occidente de Asturias (en castelán). Consultado o 2024-09-03. 
  6. Rosalía _GT (2024-09-03). "Rosalía GT falando sobre ser artista galega co colectivo artístico As vacas Francas". Consultado o 2024-09-03.