Los niños invisibles
Los niños invisibles é un filme dramático colombiano de 2001 dirixido e escrito por Lisandro Duque Naranjo[1] e protagonizado por Guillermo Castañeda, Ingrid Cielo Ospina, Gustavo Camacho, Gustavo Angarita e Marcela Valencia. O filme gañou o premio especial do xurado no sexto festival internacional de cinema para a infancia en Montreal, Canadá no 2002 e o premio ó mellor guión no quinto festival internacional de cinema para a infancia e a mocidade en Olimpia, Grecia, tamén en 2002.[2][3] Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]
Los niños invisibles | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los niños invisibles |
Director | Lisandro Duque Naranjo |
Guión | Lisandro Duque Naranjo |
Intérpretes | Guillermo Castañeda Ingrid Cielo Ospina Gustavo Camacho |
Música | Luis Miguel González |
Estrea | 26 de outubro de 2001 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() |
Sinopse
editarTres nenos están obsesionados coa idea de volverse invisibles, até o punto que realizan un estraño ritual no que deben sacrificar varios animais e dirixirse a media noite a un cemiterio para que as forzas da escuridade os fagan invisibles para o ollo humano.
Personaxes
editar- Guillermo Castañeda como Rafael
- Ingrid Cielo Ospina como Martha Cecilia
- Gustavo Angarita como Fernando
- Gustavo Camacho como Fernando
- Juvenal Camacho como Gonzalo
- Inés Prieto como a nai de Rafael
- Hernando Montenegro como o pai de Rafael
- Carolina Vivas como a nai de Martha Cecilia
- Marcela Valencia como a nai de Gonzalo
- Álvaro García Trujillo como o pai de Gonzalo
- María Angélica Rengifo como a irmá de Gonzalo
- Martha Osorio como a nai de Fernando
Notas
editar- ↑ "Los niños invisibles". 31 de outubro de 2001. Consultado o 6 de outubro de 2019.
- ↑ "Los niños invisibles" Proimágenes Colombia. Consultado o 15 de abril de 2018.
- ↑ "Los niños invisibles" Ficha do filme en Filmaffinity. Consultado o 15 de abril de 2018.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (2 de decembro de 2002). "Record-Breaking 54 Countries in Competition for Oscar". Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2004. Consultado o 11 de xullo de 2018.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Los niños invisibles na IMDb (en inglés).