Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia
Os seguintes 54 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 75ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa.[1] Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación da China, Finlandia, Alemaña, México e os Países Baixos. O galardón recaeu sobre Alemaña, co filme Nirgendwo in Afrika, dirixido por Caroline Link.
Afganistán, Bangladesh e o Chad presentaron os seus filmes por vez primeira.
Propostas
editarPaís | Título | Lingua(s) | Director(es) | Resultado |
---|---|---|---|---|
Afghanistan | Fire Dancer | Pashto e inglés | Jawed Wassel | Non nomeado |
Alemaña | Nirgendwo in Afrika | Alemán e suahili | Caroline Link | Premio da Academia |
Alxeria | Rachida | Francés e árabe | Yamina Bachir-Chouikh | Non nomeado |
Arxentina | Kamchatka | Castelán | Marcelo Piñeyro | Non nomeado |
Austria | Gebürtig | Alemán | Robert Schindel e Lukas Stepanik | Non nomeado |
Bangladesh | Matir Moina | Bengalí | Tareque Masud | Non nomeado |
Bélxica | Le fils | Francés | Jean-Pierre e Luc Dardenne | Non nomeado |
Brasil | Cidade de Deus | Portugués | Fernando Meirelles | Non nomeado |
Bulgaria | Podgryavane na vcherashniya obed | Búlgaro | Kostadin Bonev | Non nomeado |
Canadá | Un crabe dans la tête | Francés | André Turpin | Non nomeado |
Chad | Abouna | Árabe e francés | Mahamat Saleh Haroun | Non nomeado |
República Checa | Divoké včely | Checo | Bohdan Sláma | Non nomeado |
Chile | Ogú y Mampato en Rapa Nui | Castelán | Alejandro Rojas | Non nomeado |
China | Heroe | Mandarín | Zhang Yimou | Nomeado
|
Colombia | Los niños invisibles | Castelán | Lisandro Duque Naranjo | Non nomeado |
Corea do Sur | Oasiseu | Coreano | Lee Chang-dong | Non nomeado |
Croacia | Fine mrtve djevojke | Croata | Dalibor Matanić | Non nomeado |
Cuba | Nada | Castelán | Juan Carlos Cremata Malberti | Non nomeado |
Dinamarca | Elsker dig for evigt | Dinamarqués | Susanne Bier | Non nomeado |
Eslovaquia | Kruté radosti | Eslovaco | Juraj Nvota | Non nomeado |
Eslovenia | Zvenenje v glavi | Esloveno | Andrej Košak | Non nomeado |
España | Los lunes al sol | Castelán | Fernando León de Aranoa | Non nomeado |
Exipto | A Girl's Secret | Árabe | Magdy Ahmed Aly | Non nomeado |
Filipinas | Mga Munting Tinig | Tagalo | Gil M. Portes | Non nomeado |
Finlandia | Mies vailla menneisyyttä | Finés | Aki Kaurismäki | Nomeado
|
Francia | 8 femmes | Francés | François Ozon | Non nomeado |
Grecia | To monon tis zois tou taxeidion | Grego | Lakis Papastathis | Non nomeado |
Hong Kong | Tian mai zhuan qi[2] | Inglés | Peter Pau | Descualificado |
Hungría | Hukkle | Húngaro | György Pálfi | Non nomeado |
India | Devdas | Hindi | Sanjay Leela Bhansail | Non nomeado |
Indonesia | Ca-bau-kan | Indonesio | Nia diNata | Non nomeado |
Irán | Man, Taraneh, panzdah sal daram | Persa | Rasul Sadrameli | Non nomeado |
Islandia | Hafið | Islandés | Baltasar Kormákur | Non nomeado |
Israel | Broken Wings | Hebreo | Nir Bergman | Non nomeado |
Italia | Pinocchio | Italiano | Roberto Benigni | Non nomeado |
Líbano | When Maryam Spoke Out | Árabe | mAssad Fouladkar | Non nomeado |
Luxemburgo | Petites misères | Francés | Laurent Brandenburger e Philippe Boon | Non nomeado |
México | El crimen del Padre Amaro | Castelán | Carlos Carrera | Nomeado
|
Noruega | Tyven, tyven | Noruegués | Trygve Allister Diesen | Non nomeado |
Países Baixos | Zus & Zo | Neerlandés | Paula van der Oest | Nomeado
|
Polonia | Edi | Polaco | Piotr Trzaskalski | Non nomeado |
Portugal | O Delfim | Portugués | Fernando Lopes | Non nomeado |
Reino Unido | Eldra[3] | Galés | Tim Lyn | Non nomeado |
Romanía | Filantropica | Romanés | Nae Caranfil | Non nomeado |
Rusia | House of Fools | Ruso e checheno | Andrei Konchalovsky | Non nomeado |
Serbia | Labyrinth | Serbio | Miroslav Lekic | Non nomeado |
Suecia | Lilja 4-ever | Sueco e ruso | Lukas Moodysson | Non nomeado |
Suíza | Aime ton père | Francés | Jacob Berger | Non nomeado |
Tailandia | Monrak Transistor | Tailandés | Pen-ek Ratanaruang | Non nomeado |
Taiwán | The Best of Times | Taiwanés, mandarín e hakka | Chang Tso-chi | Non nomeado |
Tunisia | La Boîte magique | Francés e árabe | Ridha Behi | Non nomeado |
Turquía | Dokuz | Turco | Ümit Ünal | Non nomeado |
Uruguai | El último tren | Castelán | Diego Arsuaga | Non nomeado |
Venezuela | La pluma del arcángel | Castelán | Luis Manzo | Non nomeado |
Xapón | Out | Xaponés | Hideyuki Hirayama | Non nomeado |
Controversias e cambios
editarO anuncio dos filmes elixibles aprazouse pola presenza de catro filmes que podían non cumprir as regras:
- Hong Kong propuxo un filme de acción (The Touch) rodado completamente en inglés e Afganistán enviou por primeira vez un filme (Fire Dancer) que trata sobre afgáns-estadounidenses rodado principalmente en inglés e parcialmente en dari. Cando se estreou en Afganistán dobrouse ao dari e esta versión foi a que se enviou á Academia. O filme de Hong Kong foi descualificado, mais o afgán (cuxo director fora asasinado antes de acabar a posprodución) foi aceptado.
- O Reino Unido seleccionou The Warrior, produción británica ambientada na India falada en hindi e dirixida por Asif Kapadia, director británico de ascendencia india. O filme, gañador do premio da BAFTA ao mellor filme británico, foi descualificado porque segundo a Academia o hindi non é unha lingua indíxena do Reino Unido e o filme non trata sobre británicos nin ambientado no país.[4] Finalmente foi substituído por Eldra, filme en galés. En 2006, a Academia modificou as regras para permitir a presenza de filmes en linguas non indíxenas.
- Palestina tratou de propor Divine Intervention, mais a Academia considerou que Palestina non era considerado un país nin tiña un comité nacional de selección.[5] A decisión foi criticada porque países non recoñecidos ou non soberanos como Taiwán, Hong Kong e Porto Rico si podían presentar filmes. A Academia modificou a decisión o ano seguinte e Divine Intervention puido participar.
Notas
editar- ↑ "Record-Breaking 54 Countries in Competition for Oscar". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 2 de decembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2002. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ O filme foi descualificado porque o diálogo estaba completamente en inglés e non nunha lingua estranxeira
- ↑ O Reino Unido escolleu orixinalmente The Warrior, mais non foi aceptado pola Academia
- ↑ "UK Hindi film causes Oscar trouble". BBC News. 2002-11-29. Consultado o 2008-09-28.
- ↑ Palestinian film denied Oscars entry
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cine |