Linguas de Colombia
Máis do 99,2% dos colombianos falan a lingua castelá; tamén se falan no país 65 linguas indíxenas, dúas linguas crioulas e o romaní. O inglés ten status oficial no Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina.[1][2][3]
Incluíndo o castelán, a base de datos Ethnologue nomea 101 linguas en Colombia. O número específico de linguas faladas varía lixeiramente xa que algúns autores consideran linguas diferentes o que outros consideran variedades ou dialectos da mesma lingua. As mellores estimacións numeran en 71 linguas as faladas no país, a maioría delas pertencentes ás familias lingüísticas chibcha, tucana, bora–witoto, guahibana, arauaca, caribe, barbacoana e salibana. Estímase que o número de falantes de linguas indíxenas rolda os 850 000.[4][5]
As 65 linguas indíxenas que existen no presente poden ser agrupadas en 12 familias lingüísticas e 10 linguas illadas, aínda non clasificadas.[1] As doce familias lingüísticas son a chibcha, de probable orixe centroamericana, as grandes familias suramericanas arauaca, caribe, quechua e tupí, sete familias só presentes a nivel rexional (chocó, guahibana, salibana, makú, witoto, bora, tucana). As linguas illadas máis importantes son o andoque, o cofán, o camsá, o páez, o ticuna, o tinigua, o yagua e o yurí.[1]
Clasificación
editarNesta táboa aparecen clasificadas as linguas de Colombia, agrupadas en 11 familias indíxenas (as linguas bora e witoto aparecen xuntas) e as de orixe indoeuropeo. Tamén aparecen as linguas illadas e sen clasificar. As linguas mortas están sinaladas con símbolo (†).
Linguas de sinais
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Languages of Colombia" (en castelán). banrepcultural.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2013.
- ↑ "Jon Landaburu, Especialista de las lenguas de Colombia" (en castelán). ambafrance-co.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2013.
- ↑ "Map of the languages of Colombia" (en castelán). lenguasdecolombia.gov.co. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2013.
- ↑ "The Languages of Colombia". Ethnologue.com. Consultado o 16 de maio de 2010.
- ↑ "Native languages of Colombia" (en castelán). lenguasdecolombia.gov.co. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2014. Consultado o 25 de marzo de 2014.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Aikhenvald, Alexandra Y. & R. M. W. Dixon (1999). "13. Other Small families and isolates". En Alexandra Y. Aikhenvald & R. M. W. Dixon. The Amazoninan Languages (PDF) (en inglés) (1ª ed.). Cambridge University Press. pp. 341–383. ISBN 0 521 57021 2.
- Kaufman, Terrence (1990). "Language History in South America: What we know and how to know more". En David L. Payne. Amazonian Linguistics. Austin: University of Texas Press.
- Adelaar, Willem (2004). The Languages of the Andes. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-36275-7.