Río Caquetá
O río Caquetá ou Japará[1], de 2.280 quilómetros de lonxitude e que percorre Colombia e o Brasil, nace no Macizo Colombiano, no Páramo de las Papas.
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | América do Sur ![]() | |||
País da cunca | Colombia e Brasil ![]() | |||
Final | ||||
Localización | Amazonas ![]() | |||
| ||||
Afluentes | Río Apaporis, Orteguaza River (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Conca hidrográfica | Bacía do río Amazonas ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 25 m ![]() | |||
Dimensións | 2.820 (![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 282.000 km² ![]() | |||
Medicións | ||||
Caudal | 13.915 m³/s ![]() | |||
Características
editarNo seu curso alto flúe en dirección sueste e marca a fronteira entre os departamentos colombianos de Putumayo e Caquetá. Preto de Tres Esquinas conflúe co río Orteguaza, e antes de penetrar no departamento colombiano de Amazonas recibe as augas do caudaloso río Caguán.
O río marca tamén a fronteira entre os departamentos de Caquetá e Amazonas, salvando numerosas cachoeiras.
Cerca dos cerros de Munoir recibe ao seu afluente Yarí.
Tras penetrar na Amazonia conflúe co río Apaporis, preto de La pedrera e entra no Brasil co nome de Jarupá. No seu curso baixo recibe ao Auati Paraná e ao Mirim Pirajuana
Desemboca na orela esquerda do río Amazonas, fronte a Tefé.
Aínda que é un río caudaloso e amplo, a existencia ao longo do seu curso de numerosos cachóns dificulta enormemente a navegación.
Posúe unha gran fauna, entre a que destacan os peixes, ademais de réptiles.
Notas
editar- ↑ Caquetá é o nome que recibe en Colombia e Japará no Brasil
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Caquetá |