La Coalición Republicana
La Coalición Republicana foi un semanario editado en Vigo en 1886.
La Coalición Republicana | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1886 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Vigo |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Publicación defensora de los intereses republicano-coalicionistas, apareceu o 14 de marzo de 1886, como órgano do Partido Democrático-Progresista de Manuel Ruiz Zorrilla e Nicolás Salmerón. Fundado e dirixido por Delio Fernández Chao. Foron os seus redactores Ángel Bernárdez Rodríguez e Luis A. Mestre e entre os seus colaboradores estaban Eduardo Chao, Teófilo Braga e Nicolás Salmerón. Apareceron 37 números, cesando a súa publicación o 21 de novembro dese ano.
Nunha reunión na casa de Néstor Pardo Torrentera en xaneiro de 1890, os republicanos vigueses acordaron a reanudación da publicación do periódico, que sería redactado por Mestre, Fernández Chao e Pardo Usaletti.[1]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 21-1-1890, p. 1.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Coalición Republicana, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Coalición Republicana, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 544–546. ISBN 84-7231-494-4.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.