Néstor Pardo Torrentera
Néstor Pardo Torrentera, finado en Vigo en novembro de 1917, foi un avogado, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() |
Morte | novembro de 1917 ![]() Vigo, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, avogado ![]() |
Traxectoria
editarFillo do brigadier Víctor Pardo Saavedra.[1] Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactor de La Concordia, colaborou en Gaceta de Galicia e foi propietario e director de La Cítara. Foi amigo de Ruiz Zorrilla, a quen acompañou no seu desterro en París. En 1890 era delegado do Comité provincial na directiva do Comitñe Republicano de Vigo.[2] Fíxose cargo do periódico El Anunciador en 1892 como líder do sector progresistas do Partido Republicano.[3] Foi xuíz municipal de Lavadores (1912).[4] Finou en Vigo en novembro de 1917.[5]
Vida persoal
editarCasou con María de la Purificación Saavedra Costas, que finou en Vigo en de 1889.[6] Foi pai da tiple María Pardo. Volveu casar en Vigo con Isolina Trapote en decembro de 1890.[7]