Lingua klingon
O klingon[3] (tlhIngan Hol, pronunciado fonéticamente como /ˈt͡ɬɪŋɑn xol/) é unha lingua artificial e artística, creada por Marc Okrand para os estudios Paramount Pictures, como idioma vernáculo da raza klingon no universo de Star Trek.
Klingon tlhIngan Hol | ||
---|---|---|
Pronuncia: | ˈt͡ɬɪŋɑn xol | |
Creado por: | Marc Okrand | 1984 |
Emprego e uso: | No mundo Star Trek | |
Total de falantes: | Unha ducia de falantes expertos (1996)[1][2] | |
Categoria (propósito): | Lingua artística | |
Categoria (fontes): | Lingua artificial a priori | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún sitio | |
Regulado por: | Sen regulador oficial, aínda que existe o Instituto da Lingua Klingon | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | Ningún
| |
ISO 639-2: | tlh | |
ISO 639-3: | tlh
| |
SIL: | tlh
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este idioma foi deseñado cunha orde de palabras tipo Obxecto Verbo Suxeito (OVS).
Os sons básicos, xunto cunhas poucas verbas, foron orixinalmente creados polo actor James Doohan para o primeiro filme baseado na serie orixinal, Star Trek: The Motion Picture. Este filme foi a primeira ocasión na que a lingua puido ser oída, xa que nas aparicións anteriores na serie orixinal os klingon falaran sempre en inglés propio no que se rodou a serie. Foi Marc Okrand quen ampliou o escaso vocabulario creado por Doohan, creando un amplo léxico e unha gramática completa, para Star Trek III: The Search for Spock e as producións posteriores.
O idioma klingon é denominado ás veces como klingonese (traducible como "klingonés"), se ben esta denominación refírese a outra lingua dos klingon que aparece nas novelas de John M. Ford baseadas no mundo de Star Trek, o klingonaase.
Notas
editar- ↑ Wired 4.08: Dejpu'bogh Hov rur qablli! - Lawrence Schoen, director do Klingon Language Institute (KLI), calculou en agosto de 1996 nunha ducia o número de falantes de klingon fluído. Tamén estima nuns mil os membros do KLI.
- ↑ En 1999, a revista satírica The Onion publicou un artigo Arquivado 12 de abril de 2006 en Wayback Machine. no que afirmaba que o número total de falantes de klingon superaba aos que falan navagho con fluidez, citando datos da Modern Language Association. Mais o número total de falantes de navagho é de case 150 mil, unha cifra moi afastada das estimacións máis optimistas respecto aos falantes de klingon, que a revista estimaba en 7.500.
- ↑ "klingon". TERGAL. Consultado o 29/05/2019.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Marc Okrand (1992): The Klingon Dictionary. Simon & Schuster, Nova York. ISBN 0-671-74559-X
- Marc Okrand et alii (1996): The Klingon Way: A Warrior's Guide Cassette. ISBN 0-671-57380-2
- Marc Okrand (1997): Klingon for the Galactic Traveler. Pocket Books. ISBN 0-671-00995-8
Ligazóns externas
editar- Klingon wikia (Wiki en Klingon)
- tlhIngan Hol yejHaD (Instituto da Linguaxe Klingon)
- Libro de frases klingon-inglés
- Publicacións referentes ao idioma klingon
- Klingon as Linguistic Capital (en inglés)
- Klingonska Akademien (en inglés e sueco)
- Google en klingon
- Proverbios klingon (Wikiquote en inglés)
- Linguas artificiales, de Ardalambion