Kat Bjelland
Katherine Bjelland, nada en Salem (Oregón) o 8 de decembro de 1963, foi a cantante e guitarrista da banda de rock alternativo estadounidense Babes in Toyland. Tamén foi cantante e guitarrista da banda Katastrophy Wife.
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1963 ![]() Salem, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Oregón Woodburn High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, compositora de cancións ![]() |
Período de actividade | 1982 ![]() |
Xénero artístico | Rock alternativo ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarA pesar de asociar a Bjelland coa escena musical da cidade de Minneapolis (Minnesota), naceu en Salem e medrou en Woodburn (Oregón). Seus pais divorciáronse cando era nova, e ese feito tivo un grande efecto na súa vida.
Asistiu á Woodburn High School onde foi unha popular estudante e cheerleader. Nesa época foi cando Bjelland comezou a interesarse pola música. Un tío seu foi o que a incitou a tocar a guitarra, e a súa primeira actuación foi nun pequeno bar desa cidade chamado Flight 99.
Carreira musical
editarPouco despois da súa graduación no instituto a principios dos 80, Bjelland mudouse a Portland, onde formou varias bandas. Primeiro The Neurotics e posteriormente outra formada só por mulleres chamada The Venarays.
Realmente The Venarays non era unha banda toda de mulleres, xa que o batería Dave Hummel, e posteriormente Jack Rhodes eran homes. Despois de saír de The Venarays, Bjelland formou unha banda cunha nova amiga, Courtney Love, e coa baixista Jennifer Finch. Love saíu para formar Hole, mentres que Finch formou parte de L7. A banda tivo varios nomes, incluíndo Sugar Babylon, Sugar Babydoll e Sugar Bunnyfarm.
Sobre 1985, en San Francisco, Bjelland e Love formaron unha nova banda chamada Pagan Babies con Deidre Schletter na batería e Janis Tanaka (posteriormente en Stone Fox e L7). Cando Love marchou, esta formación tocou baixo o nome de Italian Whore Nuns.
Babes in Toyland
editarA mediados dos 80, Bjelland mudouse de Portland a Minneapolis, onde formou Babes in Toyland. Kat coñeceu a Lori Barbero nunha barbacoa pouco despois de chegar á cidade, e convenceuna para facerse batería. Á parella uníuselles a baixista Michelle Leon, e creouse Babes in Toyland. Courtney Love tocou o baixo durante unhas semanas, pero foi despedida e regresou á costa oeste.
O sinxelo de estrea da banda, "Dust Cake Boy"/"Spit to See the Shine", foi un éxito instatáneo. Despois de tocar en Europa con Sonic Youth, o grupo gravou o seu abrasivo primeiro álbum, Spanking Machine, que foi outro éxito. Babes in Toyland acadaría un éxito menor a comezos da década dos 90. Bandas como Bikini Kill, Bratmobile e Sleater-Kinney teñen falado do grupo como unha grande influencia, mentres que bandas de mulleres menos políticas como Jack Off Jill, 7 Year Bitch e Fluffy tamén citaron a Bjelland e a Babes in Toyland como inspiración. A carreira de Babes in Toyland alcanzou o seu máximo de popularidade cando tocaron no festival Lollapalooza en 1993.
Crunt
editarA principios de 1993 Bjelland comezou un proxecto paralelo chamado Crunt, ao lado do seu novo marido Stuart Gray, antigo membro de Lubricated Goat. Bjelland tocaba o baixo e Gray a guitarra, mentres que Russell Simins, de Jon Spencer Blues Explosion, encargábase da batería. En febreiro de 1994 a banda editou o seu álbum de estrea, Crunt, xunto co seu sinxelo "Swine". Durante un tempo díxose que Crunt substituiría a Babes in Toyland como proxecto principal de Kat, pero o grupo desfaríase cando Bjelland e Gray se divorciaron en xaneiro de 1995.
Katastrophy Wife e proxectos actuais
editarCon Babes in Toyland tocando esporadicamente cara finais dos 90, Bjelland fundou a banda Katastrophy Wife no ano 2000. O grupo tocou en locais de todo o mundo, e ata a data [cando?] só leva editados dous álbums, Amusia e All Kneel; ademais do sinxelo "Heart On", lanzado polo selo australiano Rish en abril do 2007. O sinxelo pretendía ser un adianto do seu seguinte disco, Pregnant, aínda que en 2011 o traballo aínda non fora editado. Bjelland tamén realizou traballos para bandas sonoras durante este tempo e produciu o álbum The Seven Year Itch para a banda Angelica, lanzado no ano 2002.