Jon Spencer Blues Explosion
Jon Spencer Blues Explosion foi unha banda estadounidense de rock procedente da cidade de Nova York, formada en 1991. O grupo estaba composto por Judah Bauer na guitarra, coros, harmónica e ocasionalmente na voz principal, Russell Simins na batería, e Jon Spencer na voz, guitarra e theremin. O seu estilomusical musical ten fortes raíces no rock and roll, aínda que ten influencias do punk, blues, garage, rockabilly, soul, noise rock, rhythm and blues e hip hop.
Jon Spencer Blues Explosion | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Nova York, ![]() |
Período | 1991 - 2015 |
Xénero(s) | punk blues, garage rock, blues rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Matador, Shout Factory, Shove!, In the Red, Mute, Sanctuary, JVC Victor, Toy's Factory, Ultrapop, Rock, Au Go Go, Everlasting, K Records, Rebel Beat Factory, Crypt, Clawfist, Hut Records, 1+2, Public Pop Can |
Membros | Jon Spencer Judah Bauer Russell Simins |
Artistas relacionados | The Honeymoon Killers |
Na rede | |
Páxina oficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ao longo da súa carreira o seu son experimental e, ocasionalmente, as súas técnicas de gravación pouco convencionais permitíronlle á banda traballar cun bo número de artistas diversos, como Elliott Smith, Beck, Solomon Burke, Steve Albini, Martina Topley-Bird e Ad Rock dos Beastie Boys.
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
A Reverse Willie Horton | 1991 | Pubic Pop Can |
The Jon Spencer Blues Explosion | 1992 | Carolina Records |
Crypt Style | 1992 | Crypt Records |
Extra Width | 1993 | Matador Records |
Orange | 1994 | Matador Records |
Now I Got Worry | 1996 | Matador Records |
Acme | 1998 | Matador Records |
Plastic Fang | 2002 | Matador Records |
Damage | 2004 | Mute Records |
Meat + Bone | 2012 | Shove Records |
Freedom Tower - No Wave Dance Party 2015 | 2015 | Shove Records |