Kahn-Tineta Horn
Kahn-Tineta Horn, nada en Nova York[1] o 16 de abril de 1940, é unha activista política, funcionaria e modelo mohawk.[2][3] Dende 1972, ocupou varios cargos nas seccións de políticas de desenvolvemento social, comunitario e educativo do federal canadense do departamento de Asuntos Indíxenas e do Norte do Canadá.[4] É membro do clan do oso de Kahnawake.[5]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1940 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Grupo étnico | Pobo mohawk ![]() |
Actividade | |
Ocupación | modelo ![]() |
Familia | |
Fillos | Waneek Horn-Miller, Kaniehtiio Horn ![]() |
Descrito pola fonte | Native American Women: A Biographical Dictionary ![]() |
![]() ![]() |
Horn e as súas fillas[6][7] foron participantes salientables na crise de Oka de 1990.[8][9] A súa filla Waneek Horn-Miller (nada en 1975), foi acoitelada no peito pola baioneta dun soldado mentres sostiña a súa irmá pequena, Kaniehtiio, que daquela tiña 4; a fotografía do incidente, publicada na primeira páxina dos xornais, simbolizou o enfrontamento entre os mohawks e o Goberno canadense.[10] Waneek converteuse en locutora e cocapitá do primeiro equipo nacional feminino de waterpolo do Canadá nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney.[11] Kaniehtiio é actriz de cinema e televisión.[12] A súa filla máis vella, a doutora Ojistoh Horn, é médico de medicina familiar e tradicional en Akwesasne.
Traxectoria
editarNa década de 1960 e principios dos 70, Kahn-Tineta Horn fíxose moi coñecida polas súas críticas ao racismo antinativo e á política gobernamental relativa aos pobos das Primeiras Nacións, e pola súa defensa do separatismo nativo. Estivo implicada na Conferencia sobre a Pobreza Indíxena de 1962 en Washington D.C., no bloqueo da ponte internacional Three Nations en Akwesasne en 1968 e outras campañas a prol dos dereitos indíxenas.[13]
Kahn-Tineta chamou a atención dos medios en 1964, cando foi "destituída como Directora do National Indian Council e como Princesa India do Canadá".[14] En 1972, as súas opinións separatistas apareceron nas páxinas de The Harvard Crimson e The New Yorker,[15][16][17] e foi entrevistada por The Webster Reports de KVOS-TV, unha emisora de Bellingham, Washington que transmite a Vancouver, na Columbia Británica.[18]
Kahn-Tineta Horn apareceu en dúas curtametraxes, Artisans de notre histoire, Volume 2: Les Explorateurs (1995) e David Thompson: The Great Mapmaker (1964).[19] Foi editora de Mohawk Nation News,[20] directora da Canadian Alliance in Solidarity with Native Peoples e coordinadora da Free Wolverine Campaign.[21]
En 2002, fixo un relatorio na conferencia "You Are on Native Land" organizada pola Universidade McGill titulada How Canada violated the BNA Act to Steal Native Land: The Forgotten Arguments of Deskaheh.[22]
En 2006, Kahn-Tineta Horn foi unha das dúas mulleres que presentaron un "aviso de embargo" aos desenvolvedores de Amaranth Wind Farm preto de Shelburne, Ontario en nome dos haudenosaunee,[23] e impartiu unha clase de historia na Universidade Concordia de Montreal.[24]
En 2008, aos 68 anos, sufriu un ataque cardíaco mentres estaba "esposada nun alxube policial" no paso fronteirizo de Cornualles/Akwesasne.[25][26][27]
Notas
editar- ↑ thediscoverblog.com, ed. (8 de marzo de 2021). "Kahentinetha Horn: Flying over the Land". Consultado o 20 de novembro de 2024.
- ↑ Max Dashu (2005). "Matrix Cultures". Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "McGill launches first high-performance camp for aboriginal teens". Newsroom - McGill University. 2006-05-17. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ Bennett McCardle. "Kahn-Tineta Horn". The Canadian Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "Kahn-Tineta Horn". Tribal Ceremonies: Tribal Warriors for Peace. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ Kenneth L. Williams (2004-04-03). "Kahente Horn-Miller a Role Model for Higher Learning". Canku Ota. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "Dr. Ojistah Horn". AboriginalSexualHealth.ca. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ Kahn-Tineta Horn (1991). "Beyond Oka: Dimensions of Mohawk Sovereignty". Studies in Political Economy 35: 29–41. ISSN 1918-7033. doi:10.1080/19187033.1991.11675451. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "Federal Courts Reports - Canada ( Attorney General ) v. Horn ( T.D. ), [1994] 1 F.C. 453". Office of the Commissioner for Federal Judicial Affairs Canada. Consultado o 2013-02-09.[Ligazón morta]
- ↑ Starkman, Randy (29 de xullo de 1999). From Oka battles to Pan Am glory. Toronto Star.
- ↑ "Pan Ams' Waneek Horn-Miller an Oka Crisis survivor". Toronto Star. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ Griffith, John (9 de outubro de 2009). "Mohawk actress rooted in family and community". Ottawa Citizen. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2014. Consultado o 30 de maio de 2010.
- ↑ Kahentinetha Horn (2007-04-05). "The Onkwehonwe Democratic Agenda". Znet. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "Kahn-Tineta Horn Speaking at Press Conference - U1428580 - Rights Managed Stock Photo". Corbis. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "Indian Criticizes White Civilization". The Harvard Crimson. 1970-04-24. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ William Whitworth (1972-05-27). "The Talk of the Town: Speaks with Sharp Tongue". The New Yorker. p. 28. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ Ralph Nader (1972-07-22). "Dept. of Correction and Amplification". The New Yorker. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "KVOS Channel 12 film records". The Civil Rights History Project: Survey of Collections and Repositories (The American Folklife Center, Library of Congress). Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "Kahn Tineta Horn". IMDb. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ Kahn-Tineta Horn (1997-07-15). "The Great Law and the Handsome Lake Code". Mohawk Nation News Service. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2016. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "PEACE BRINGERS". Mahataka American Indian Council. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "Forgotten arguments of Deskaheh. (Speech)". Mohawk Nation News. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ Lloyd Alter (2008-08-20). "At Least Somebody Wants a Windfarm". TreeHugger. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ Alex Dobrota (2006-08-18). "Natives lay claim to windmills". Globe & Mail. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2006. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "Kahentinetha Horn hospitalized after attack by border special forces". Mendota Mdewakanton Dakota Tribe. 2008-07-05. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "Kahentinetha Horn attacked at border". CENSORED NEWS: Indigenous Peoples, Resistance and Human Rights. 2008-06-16. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ Brenda Norrell (2011-01-26). "No jail time for Kahentinetha Horn". CENSORED NEWS: Indigenous Peoples, Resistance and Human Rights. Consultado o 2013-02-09.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kahn-Tineta Horn |