Primeiras Nacións
As Primeiras Nacións (en inglés: First Nations; en francés: Premières Nations) é un termo utilizado no Canadá para referirse ao conxunto dos pobos indíxenas localizados no territorio actualmente. Non todos os pobos se enmarcan nesta agrupación, como os inuit e os métis[3], e hai actualmente uns 600[4]. O corpo de representación estatal das Primeiras Nacións no Canadá é a Asemblea das Primeiras Nacións, existente dende 1982.
Primeiras Nacións | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 698 025[1] | |
Rexións principais: | |
Canadá (sobre todo nas provincias de Ontario e Columbia Británica)[2] | 698 025 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas aborixes do Canadá, inglés e francés |
Relixión | Cristianismo, anglicanismo canadense e crenzas nativas |
Grupos relacionados | Nativos americanos |
Os pobos que compoñen as Primeiras Nacións son denominados normalmente por pobos aborixes e autóctonos (termo máis empregado polos franco-canadenses), ou por pobos nativos canadenses, da expresión inglesa usual de Estados Unidos de Native Americans (Nativos Americanos). Oficialmente son coñecidos polo goberno do Canadá como "indios rexistrados".
Notas
editar- ↑ "Aboriginal Identity (2006 Census)". Statistics Canada. Government of Canda. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2009. Consultado o 26-X-09.
- ↑ "Assembly of First Nations - The Story". The Assembly of First Nations. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2009.
- ↑ "Canada's System of Justice Rights and Freedoms in Canada". Department of Justice Canada. 2009-07-31. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 26-X-09.
- ↑ "Gateway to Aboriginal Heritage". Canadian Museum of Civilization. Consultado o 26-X-09.