Juan Tizón
Juan Tizón Herreros, nado na Coruña no 23 de xaneiro do 1895 e finado no Porto no 25 de decembro do 1945, foi un escritor e político galego, exiliado durante a guerra civil española
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) Juan Tizón Herreros ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xaneiro de 1895 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 25 de decembro de 1945 ![]() Porto, Portugal ![]() |
Lugar de sepultura | Bonfim (pt) ![]() ![]() |
![]() | |
1936 – 1936 ← Álvaro Rodríguez Pérez – Alfredo Hermida Losada → | |
![]() | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 13 de xullo de 1931 – 24 de xullo de 1931 – Daniel Vázquez Campo → Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
![]() | |
1931 – 1931 – Justo Mazaira Noguerol → ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político, poeta, sindicalista, oficinista ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarTraballador do ferrocarril, militou no PSOE e na UXT como dirixente da agrupación socialista local da Coruña. Trasladouse a Monforte de Lemos por mor do seu traballo e foi elixido secretario local do Sindicato Nacional Ferroviario da UXT.[1][2] Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro de Monforte polo PSOE, e dous días máis tarde presentouse no concello co resto dos concelleiros republicanos electos e foi nomeado alcalde provisional.[3] Saíu elixido deputado do PSOE ás Cortes nas eleccións xerais de 1931 pola provincia de Lugo,[4] mais por irregularidades na provincia repetíronse as eleccións e perdeu a acta. Detido durante a revolución de 1934 pasou algún tempo en prisión.[5][6] Alcalde de Monforte de Lemos do 18 de marzo ao 20 de xullo de 1936, intentou organizar a resistencia local á sublevación do exército formando unha milicia local e incautando armas pero tras declararse o estado de guerra e a ocupación das rúas da cidade pola Garda Civil tivo que fuxir co primeiro tenente de alcalde Miguel Chapel Salgueiro.
No inverno de 1939 pasou a Portugal por Celanova e foi trasladado a un refuxio seguro en Porto polo avogado Antonio Ribeiro da Silva, de Viana do Castelo. En Porto estivo en casas da amigos, entre eles Mário Soares ou Luís Alves Carvalho e Herculana de Carvalho, onde recibiu unha nova identidade, Luís Ferreira. Residiu na avenida de Boavista, nunha casa de hóspedes rexentada por Teresa Brandao. En 1942 aparece na listaxe de pasaxeiros do vapor Nyassa, na expedición organizada pola Junta de Ayudas a los Refugiados Españoles (JARE) e a embaixada de México en Portugal, pero non conseguiu saír. Viaxou por cidades de Portugal, desde onde enviou cartas e tarxetas postais á familia coa identidade falsa de Herminia, e escribiu poesías, novelas e contos.[7] Durante a súa estancia en Portugal traballou para os servizos secretos ingleses.[8] Coa saúde quebrada polos anos de persecución e clandestinidade en Galiza morreu no Porto o 25 de decembro de 1945 e foi soterrado no panteón da familia Alves de Carvalho, na freguesía de Bonfim.
En Monforte deuse por morto durante toda a época franquista, logo de que se disparase sobre unha placa dunha fonte por el inaugurada.
Obras
editarComo escritor publicou en castelán o libro de relatos Espiando al diablo en 1925[9] e escribiu entre 1937 e 1938 o poema satírico en galego Seis cregos escollidos (Versos divinos), publicado postumamente no ano 2000 por Xesús Alonso Montero.[10]
No 2010 a Fundación Luis Tilve recompilou e publicou toda a súa obra inédita, baixo o título: Juan Tizón Herreros. El pensamiento hecho palabra. Neste libro recóllense dúas obras de teatro de carácter social (Casta Maldita e Civilización), dous relatos (El cristo del hallazgo e Persecución, este último recopilado polo seu xenro Raúl Solleiro Mella, no que se recollen as experiencias da súa fuga tralo alzamento militar), diversos artigos, e unha extensa biografía feita pola historiadora Rosa María López González.[11]
Notas
editar- ↑ "Trozos de historia ferroviaria" La Voz de Galicia.
- ↑ El Orzán, ano XIV, número 3938, 9 de xuño do 1931, páxina 4. BVPH
- ↑ "El 14 de abril en Monforte", La Voz de Galicia, Monforte, 28-10-2006, p. l5.
- ↑ "Arquivo histórico do Congreso dos Deputados de España". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2021.
- ↑ Noticia na portada do semanario "El Combate" 30 de setembro do 1934
- ↑ El Día de Alicante, ano XX, número 5720, 26 de setembro de 1934, páxina 1. BVPH
- ↑ Casas refuxio no Porto
- ↑ "Más luz sobre la vida de Juan Tizón" La Voz de Galicia.
- ↑ El Orzán, número 2291, 26 de setembro do 1925, páxina 2. BVPH
- ↑ "Xesús Alonso Montero editará en mayo la obra inédita de Juan Tizón Herreros" Arquivado 20/03/2015, en Wayback Machine. La Voz de Galicia.
- ↑ El pensamiento hecho palabra. Juan Tizón Herreros. Fundación Luis Tilve, Ed. ISBN 978-84-95773-17-3
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Claridade Fundación Luís Tilve, setembro de 2007. Especial homenaxe.
- Alonso Montero, Xesús (2006). Os escritores galegos ante a guerra civil española. Galaxia. ISBN 978-84-8288-979-5.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
Ligazóns externas
editar
Predecesor: Alfonso Espinosa Feijoo |
Alcalde de Monforte de Lemos 1931 |
Sucesor: Justo Mazaira Noguerol |
Predecesor: Álvaro Rodríguez Pérez |
Alcalde de Monforte de Lemos 1936 |
Sucesor: Alfredo Hermida Losada |