Miguel Chapel Salgueiro
Miguel Chapel Salgueiro, nado en Monforte de Lemos o 9 de xaneiro do 1903 e finado en Aulnay-sous-Bois (Sena-San Denis) en 1978, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1903 ![]() Monforte de Lemos, España ![]() |
Morte | 1978 ![]() Aulnay-sous-Bois, Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político, fogueiro ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo dun cidadán de orixe francesa residente en Monforte de Lemos dende 1895. Ingresou na Compañía de Ferrocarriles del Norte como fogueiro en decembro de 1918. Afiliado á UGT, formou parte da primeira directiva da 3ª zona do Sindicato Nacional Ferroviario. En 1930 participou na reorganización da Agrupación Socialista de Monforte de Lemos e representou a Agrupación Socialista de Monforte no XIII Congreso do PSOE en 1932. Foi fundador das Juventudes Socialistas en 1933 e presidente da agrupación local de Monforte.[1]
Con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido polo achado dun depósito de bombas en Ponte Raigada (Mourelos). Foi proclamado candidato do PSOE para as eleccións de febreiro de 1936. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións, foi designado concelleiro de Monforte polo gobernador civil o 15 de marzo, e foi elixido síndico e tenente de alcalde. Foi presidente do comité local pro Estatuto de Autonomía en xuño.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na formación das milicias que partiron de Monforte cara Lugo para a defensa da República. Fuxiu de Monforte, pasando a Portugal con Juan Tizón Herreros. De Portugal pasou a Xibraltar e de alí a Inglaterra e despois a Francia, onde se encontraba no momento da invasión nazi. Xulgado en rebeldía, abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940 e foi sancionado con 8 anos de inhabilitación especial, 3 anos e un día de desterro a máis de 100 quilómetros de Monforte e ao pago de 250 pesetas.
Logo da liberación de Francia estableceuse en Aulnay-sous-Bois, preto de París, traballando nunha fábrica de aparatos eléctricos na Port de la Chapelle. Foi concelleiro en Aulnay-sous-Bois polo Partido Socialista francés. En 1963 solicitou desde Francia o dereito ao subsidio de vellez na RENFE, pero foille denegado.
Vida persoal
editarCasou con Antonia Carballo Otero.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha en Represión franquista en Lugo
- "El teniente de alcalde de Tizón, Miguel Chapel, está desaparecido desde 1936". La Voz de Galicia. 31 de xaneiro de 2001.