Juan Francisco Lezama

futbolista español

Juan Francisco Lezama García, nado en Bilbao o 24 de maio de 1916, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Modelo:BiografíaJuan Francisco Lezama
Biografía
Nacemento(es) Juan Francisco Lezama García Editar o valor en Wikidata
24 de maio de 1916 Editar o valor en Wikidata
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de novembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1939–1940 Arenas Club de Getxo
1940–1941   Levante UD
1941–1942   Racing de Santander
1942–1943 Club Deportivo Alcoyano
1943–1945   Deportivo da Coruña
1945–1949 Málaga Club de Fútbol
1949–1951   Albacete Balompié

Traxectoria

editar

Na tempada 1943–44 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, xogando tan só dous encontros esa campaña no cadro adestrado por Ramón de la Fuente. O seu debut produciuse con gol na xornada 23, nunha vitoria fronte ao Celta de Vigo no vello campo de Riazor (3–2). Volvería xogar na xornada seguinte, tamén con gol, pero esta vez cun resultado desfavorable contra o Real Oviedo a domicilio (4–2). Nesa campaña compartiu suplencia na dianteira xunto con José Gutiérrez Verdín e Vicente Valle.

Na tempada 1944–45 foi titular en 22 encontros, conseguindo 2 goles. Formou parte da dianteira xunto con José González Caballero, Paquirri, Chao e Manuel Marquínez. Ao remate da campaña, o equipo descendeu a Segunda División.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar