Manuel Marquínez
Manuel Marquínez Vallejo, nado en Sestao (Biscaia) o 31 de outubro de 1916, foi un futbolista español. Xogaba de extremo dereito e destacou principalmente no Deportivo da Coruña, no que xogou durante unha década.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1916 ![]() Sestao, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1943 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComezou a xogar ao fútbol no Lagun Artea de Sestao, pasando logo ao Iturrigorri. Na tempada 1936/37 xogou no Erandio, pero durante a guerra civil foi mobilizado, tendo que deixar o fútbol durante seis anos.[1] En 1942 foi destinado a Ferrol, onde xogaba ao fútbol co equipo de Artillaría de Costa número 42, gañando en 1943 o Campionato Rexional Militar. Alí fixouse nel o Deportivo da Coruña, que acabou por fichalo.[2]
Debutou na Primeira División na xornada 1 da tempada 1943/44 contra o Real Madrid no Campo de Riazor, nun partido que acabou en empate a dous goles. Xogou durante unha década no Deportivo, vivindo dous descensos e dous ascensos, e proclamándose subcampión de liga na tempada 1949/50, con Scopelli no banco. Disptuou un total de 154 partidos oficiais co club coruñés, marcando 51 goles. Na tempada 1950/51 saíu cedido ao Racing de Ferrol, en Segunda División, co que marcou 11 goles en 18 partidos.
Retirouse no Deportivo en 1953, e continuou vivindo na Coruña, onde rexentou un bar durante anos.[3][4]
Notas
editar- ↑ "Figuras deportivistas. Manuel Marquínez Vallejo". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 1943. p. 4.
- ↑ "Un extremo derecho para el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 1943. p. 2.
- ↑ "El Deportivo llevará 15 jugadores a Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xaneiro de 1955. p. 5.
- ↑ "Marquínes: Un "obús" en la derecha". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de marzo de 1971. p. 17.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).