José Sevil
José Ricardo Sevil Sevil, coñecido como Ricardo ou Valenciano, nado en Abiego (provincia de Huesca) en 1911 e finado en Checoslovaquia, foi un militar e guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 ![]() Abiego, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() Checoslovaquia ![]() |
Comisario político | |
![]() | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Ricardo Valenciano ![]() |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia, oficial ![]() |
Partido político | Partido Comunista de España ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Popular da República ![]() |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarMilitante das Juventudes Socialistas Unificadas, na guerra civil foi nomeado comisario político da 1ª Brigada Mixta, logo do ascenso de Santiago Álvarez ao posto de comisario da 11 División.[1] Logo foi comisario da 45° División. Exiliado na URSS, participou na defensa de Moscova contra os nazis integrado nunha unidade de guerrilleiros como comisario político. En 1947 abandonou a Unión Soviética e trasladouse a Francia. Foi enviado a Galicia o 31 de outubro de 1949 como secretario xeral do PCE de Galicia coa misión de aplicar as consignas de desmilitarización da guerrilla e de entrismo no sindicato vertical, xunto con Valentín Fernández González. Os poucos guerrilleiros activos non estaban dispostos a obedecer as ordes de ser enviados ao estranxeiro. Substituíu a Manuel Fernández Soto como secretario do Comité Rexional e organizou o novo Comité con Melchor Díaz como secretario de organización, Valentín Fernández González, responsable do traballo no Exército e na Mariña, Francisco Rey Balbís, secretario de propaganda, Francisco Martínez Leira, delegado de Ferrol, José Antonio Cortiñas Blas (M. Vega), delegado da Coruña, un delegado de Pontevedra e O Madrileño, delegado de Vigo. No verán de 1951 aconselláronlle marchar a Francia para escapar da represión. Despois instalouse en Checoslovaquia, onde finou.
Vida persoal
editarFoi pai de Lidia Servil, que casou con Pedro García Iglesias en Checoslovaquia.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Álvarez, Santiago (1991). "Testemuño de José Sevil". Memoria da guerrilla. Vigo: Xerais. pp. 211–212. ISBN 84-7507-535-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
- Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. pp. 303–317. ISBN 978-84-8485-079-3.