José Antonio Cortiñas Blas
José Antonio Cortiñas Blas, coñecido como Fondista ou M. Vega, nado en Cortes (Bergondo) o 6 de outubro de 1921 e finado en Oleiros o 18 de xullo de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1921 ![]() Cortes, España ![]() |
Morte | 18 de xullo de 1951 ![]() San Pedro de Nós, España ![]() |
Causa da morte | morte accidental, granada de man ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Partido político | Partido Comunista de España ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarActuou como enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia dende 1946. Afiliado ao PCE, entrou na guerrilla en 1948 fuxindo da detención. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en setembro de 1948 unha requisitoria contra el, Francisco Rey Balbís, Jesús Valeiro Gómez e Antonio López Arias.[1] Requisitoria que volveu repetirse ao mes seguinte cos engadidos de José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Enrique Ferreirós Candamo, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia e José Blanco Núñez.[2] Foi comisario político do destacamento Santiago Álvarez cando o comandaba Jesús Valeiro Gómez. Dende xaneiro de 1950 formou parte do Comité Rexional do PCE dirixido por José Ricardo Sevil como delegado da Coruña, dedicándose a labores de captación. Morreu ao estourarlle unha granada nunha taberna de San Pedro de Nós o 18 de xullo de 1951.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 169. ISBN 84-7507-320-4.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 163–169. ISBN 978-84-1176-172-7.
- A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 71. ISBN 978-84-8487-288-7.
Ligazóns externas
editar