José María Pena López
José María Pena López, nado en Tabeirós (A Estrada) en 1879 e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1879 ![]() Tabeirós, España ![]() |
Morte | 5 de xuño de 1937 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | industrial, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFoi representante da axencia Ford, empregado-cuidador dun surtidor de gasolina de CAMPSA, propietario dun garaxe con accesorios para automóbiles e da fábrica de lixivias e bebidas El Águila Estradense. En 1936 foi elixido presidente da Fronte Popular da Estrada.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión con Jesús Puente Fontanes, Ramón Fernández Rico, José Rodríguez Sangiao, Cándido Tafalla Froiz e Manuel Nogueira González, foi condenado á pena de morte e internado na illa de San Simón. Foi executado en Pontevedra, no km 1 da avenida de Buenos Aires o 5 de xuño de 1937,[1] rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.
En xaneiro de 1938 a Comisión de Incautación de Bens de Pontevedra mandou instruír expediente de responsabilidade civil contra José María e outros sete veciños de Cuntis, séndolles confiscados todos os bens. A principios da década de 1950 cincoenta os herdeiros de José María vendéronlle os inmobles a un industrial catalán, Salvador Cusidó Franco, quen instalou na fábrica unha manufactura téxtil.
Notas
editar- ↑ El Diario de Pontevedra, 5-6-1937, p. 2.