Jesús Puente Fontanes
Jesús Ignacio Puente Fontanes, nado na Cardavella (parroquia de Guimarei, no concello da Estrada) o 19 de outubro de 1898 e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de outubro de 1898 ![]() A Cardavella, España ![]() |
Morte | 5 de xuño de 1937 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
![]() | |
5 de maio de 1936 – xullo de 1936 (destitución) ← Juan Manuel Rodríguez Seijo – Pedro Gil Crespo → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Izquierda Republicana ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarTiña unha xastrería na rúa Pérez Viondi da Estrada. Vinculado ao sindicato agrario de Guimarei, figurou na candidatura do Centro Republicano que gañou as eleccións municipais de 1931, e foi elixido concelleiro e nomeado tenente de alcalde na corporación que presidiu Juan Manuel Rodríguez Seijo. Cando no outono de 1934 hai unha crise no goberno municipal, pasou a ocupar a alcaldía, pero o 15 de outubro foi detido por orde militar debido aos sucesos de Asturias, aínda que foi liberado en poucos días. Foi Secretario de Propaganda de Izquierda Republicana en 1935. O 5 de maio de 1936 constituíuse a Comisión Xestora Municipal que o elixiu como alcalde presidente da mesma. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Pontevedra por rebelión militar. Sentenciado a pena de morte, foi executado na Avenida de Buenos Aires de Pontevedra o 5 de xuño de 1937 xunto cos tenentes de alcalde Ramón Fernández Rico, José Rodríguez Sangiao, e os republicanos Cándido Tafalla Froiz, Manuel Nogueira González e José María Pena López.[1] En 1939 abríronlle expediente de responsabilidade civil.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: Juan Manuel Rodríguez Seijo |
Alcalde da Estrada 1936 |
Sucesor: Pedro Gil Crespo |