José Manuel García Naranjo
José Manuel García Naranjo, máis coñecido como José Naranjo, nado en Rociana del Condado, Huelva, o 28 de xullo de 1994, é un futbolista profesional español que xoga como dianteiro para o CD Leganés da Liga Santander.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1994 ![]() Rociana del Condado, España (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 182 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria profesional
editarFormado nas categorías inferiores do Recreativo de Huelva, Naranjo fixo o seu debut co primeiro equipo, daquela na Segunda División, o 2 de xuño de 2013, no empate do Recreativo por 0-0 contra o Sporting de Gijón.[1] No seu derradeiro ano de contrato co equipo onubense, Naranjo foi cedido ó Villarreal B da Segunda División B,[2] e chegou a debutar co primeiro equipo o 4 de decembro de 2014, nun partido da Copa do Rei contra o Cádiz CF.[3]
O 7 de xullo de 2015, Naranjo asinou un contrato de tres anos co Gimnàstic de Tarragona, recentemente ascendido á Segunda División.[4]
O 17 de xuño de 2016, Naranjo fichou polo Celta de Vigo, e asinou co equipo galego un contrato de cinco tempadas.[5] Tras unha etapa onde tan só participou en tres encontros, dous deles na UEFA Europa League, e sen chegar a debutar na Primeira División, Naranjo marchou traspasado ó KRC Genk belga.[6]
O 1 de setembro de 2017, Naranjo volveu á primeira categoría do fútbol español tras a súa cesión por unha tempada ó CD Leganés.[7]
Notas
editar- ↑ Triste empate para cerrar una muy triste temporada; Marca, 2 de xuño de 2013 (en castelán)
- ↑ José Naranjo jugará cedido en el filial; Sitio web oficial do Villarreal, 17 de xullo de 2014 (en castelán)
- ↑ El Cádiz vende cara su piel
- ↑ José Naranjo firma por el Nàstic; Sitio web oficial do Gimnàstic, 7 de xullo de 2015 (en castelán)
- ↑ Naranjo, nuevo jugador del Celta
- ↑ El Celta traspasa a Naranjo al Genk
- ↑ José Naranjo llega cedido al Leganés