Cádiz Club de Fútbol
O Cádiz CF é un equipo de fútbol español da cidade de Cádiz, en Andalucía. Foi fundado en 1910 e actualmente compite na Segunda División. O seu campo é o Estadio Nuevo Mirandilla, con capacidade para 20.724 espectadores.
Cádiz | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Cádiz Club de Fútbol, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Limoneros Submarino Amarillo | |||
Fundación | 10 de setembro de 1910 (114 anos) | |||
Estadio | Nuevo Mirandilla, Cádiz, España | |||
Inauguración | 1955 | |||
Capacidade | 20.724 | |||
Propietario | Locos por el Balón, SL | |||
Presidente | Manuel Vizcaíno | |||
Adestrador | Gaizka Garitano | |||
Liga | Segunda División | |||
2023–24 | Primeira División, 18.º de 20 | |||
Vestimenta | Macron | |||
Patrocinador | Silbö Telecom | |||
Na rede | ||||
Sitio web oficial | ||||
| ||||
Historia
editarFundouse en 1910 por José Rivera y Lora. Compite por primeira vez no Campionato Nacional de Liga de Segunda División na tempada 1935–36, baixo a denominación de Mirandilla F.C. En xuño de 1936, cambia a súa denominación pola de Cádiz F.C., nome máis representativo da cidade.
Foi campión de Liga en todas as categorías nas que participou, excepto na Primeira División. O seu maior logro na Copa do Rei foi na tempada 1989–90 cando alcanzou as semifinais. En sete ocasións conseguiu o Trofeo Ramón de Carranza, o seu histórico torneo de verán.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Nuevo Mirandilla.
O Estadio Nuevo Mirandilla é o actual estadio do Cádiz, antes coñecido como Estadio Ramón de Carranza. Foi construído entre maio de 1954 e agosto de 1955 e ao final foi inaugurado o día 2 de setembro de 1955, co partido disputado entre o mesmo Cádiz e o FC Barcelona, acabando co resultado de 0–4 favorable ao equipo catalán. Actualmente está en proceso de iniciarse a terceira fase da súa remodelación, a primeira fase concluíu a principios de 2005, a segunda fase do fondo norte concluíu en 2008 e a terceira fase da tribuna prevé finalizarse en 2010, ano no que o Cádiz CF celebra o seu centenario. Actualmente o propietario do estadio non é o equipo de fútbol senón o Concello.
Datos do club
editarXogadores
editar- Categoría principal: Xogadores da Cádiz CF.
Cadro 2009/10
editar
|
|
Palmarés
editar- Segunda División de España (2): 1939–40, 2004–05
- Segunda División B de España (3): 2000–01, 2008–09, 2011-12
- Terceira División de España (2): 1954–55, 1969–70
- Subcampión de Segunda División (5): 1976–77, 1980–81, 1982–83, 1984–85, 2019–20
- Subcampión de Terceira División (1): 1946–47
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Ramón de Carranza y Reguera (Ferrol 1863 - Cádiz 1937).