John Powell (atleta)
John Gates Powell, nado en San Francisco (California) o 25 de xuño de 1947[1] e finado en Las Vegas o 19 de agosto de 2022,[2] foi un atleta estadounidense, especialista en lanzamento de disco. Foi recordista mundial desta disciplina cando en 1975 atinxiu a marca dos 69.08 metros, aínda que, conseguiu, como a súa mellor marca persoal, o rexistro dos 71.26 metros, en 1984, o que o coloca como o noveno mellor lanzador de disco de todos os tempos.[3]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xuño de 1947 ![]() San Francisco, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 18 de agosto de 2022 ![]() Las Vegas, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade Estatal de San Jose Mira Loma High School (en) ![]() ![]() |
Altura | 188 cm ![]() |
Peso | 110 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | lanzador de disco, atleta ![]() |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() |
Deporte | atletismo ![]() |
Disciplina deportiva | Lanzamento de disco ![]() |
Participou en | |
1984 | Xogos Olímpicos de 1984 |
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 |
1972 | Xogos Olímpicos de 1972 ![]() |
![]() ![]() |
Cadro de medallas | ||
---|---|---|
Xogos Olímpicos | ||
![]() |
Montreal 1976 | Lanzamento de disco |
![]() |
Os Ánxeles 1984 | Lanzamento de disco |
Campionatos Mundiais | ||
![]() |
Roma 1987 | Lanzamento de disco |
Xogos Pan-Americanos | ||
![]() |
Cidade do México 1975 | Lanzamento de disco |
Traxectoria
editarPowell formou parte en catro ocasións do equipo olímpico estadounidense. Acabou cuarto en 1972, gañou o bronce en 1976,[1] e foi membro do equipo de 1980 que non chegou a competir por mor do boicot olímpico de 1980. Non obstante recibiu unha das 461 medallas de ouro do Congreso creadas especificamente para os deportistas.[4] Posteriormente gañou a medalla de bronce en 1984 nos Ánxeles.
En 2019 foi incluído no National Track and Field Hall of Fame.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2009.
- ↑ "John Powell". Olympedia. Consultado o 21 de agosto de 2022.
- ↑ "Track and Field Statistics: John Powell". trackfield.brinkster.net. Consultado o 20 de agosto de 2022.
- ↑ Caroccioli, Tom; Caroccioli, Jerry (2008). Boycott: Stolen Dreams of the 1980 Moscow Olympic Games. Highland Park, IL: New Chapter Press. pp. 243–253. ISBN 978-0942257403.
- ↑ "THE YEAR’S BEST ATHLETES, PERFORMANCES AND HALL OF FAME INDUCTEES HONORED AT USATF NIGHT OF LEGENDS". USA Track & Field. 8 de decembro de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2022.