Xogos Olímpicos de 1976
Os Xogos Olímpicos de 1976 foron realizados en Montreal, Canadá, entre o 17 de xullo e o 1 de agosto de 1976, coa participación de 6.804 atletas de 92 estados competindo en 21 deportes, foron os primeiros marcados por un grande boicot de estados integrantes do movemento olímpico.
Nome oficial | Spiller vun der XXI. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Mascota | Amik (pt) |
Composto por | Polo aquático nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 Natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 + ../... 24 |
Número de participantes | 92 6.084 |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 198 |
Localización |
Montreal (aglomeración urbana de Montreal) Estádio Olímpico de Montreal (pt) (Montreal) |
País | Canadá |
Intervalo de tempo | 17 de xullo de 1976 – 1 de agosto de 1976 |
Número de edición | 21 (1976) |
Aberto oficialmente por | Isabel II do Reino Unido |
Xuramento feito por | Pierre Saint-Jean (en) Maurice Fauget (en) |
Facho acendido por | Stéphane Préfontaine (pt) |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Historia e características
editarLideradas pola República do Congo, 26 estados africanos, Iraq e Güiana recusaron participar nos Xogos, en protesta pola recusa do Comité Olímpico Internacional en impedir a participación neles de Nova Zelandia, que mandara a un famoso equipo de rugby local de excursión por Suráfrica, país apartado da comunidade deportiva internacional pola súa política racial do Apartheid, facendo que o nivel de diversas probas do atletismo ficase abaixo do se podería agardar, xa que os africanos dominaban esas probas.
Montreal, conquistou o dereito de sediar os Xogos contra cidades importantes como Os Ánxeles e Moscova.
Economicamente, os Xogos foron un fracaso, causando o maior prexuízo financeiro da historia da competición, máis de 2 billóns de dólares americanos, levando ao Canadá a pasar décadas até conseguir eliminar a débeda contraída para a organización do evento. No campo deportivo, unha nova decepción, por primeira e única vez na historia, o país anfitrión terminaría a competición sen conseguir conquistar unha única medalla de ouro.
Nestes xogos introducíronse as modalidades femininas do baloncesto, balonmán e remo.
Fitos
editar- A ximnasta romanesa Nadia Comăneci, de apenas 14 anos, foi a grande estrela de Montreal, ao ser a primeira atleta da historia en recibir a nota perfecta de 10.0 neste deporte, na modalidade de barras asimétricas. A nota tivo que ser presentada nos marcadores eletrónicos do ximnasio como 1.00, pois non fora fabricado para presentar dous díxitos antes da división da fracción, xa que a nota 10 era considerada imposible. Comaneci conquistou tres medallas de ouro e recibiu outras sete notas de 10 do equipo de xurados durante a competición.
- A ximnasta soviética de ascendencia mongol Nelly Kim tamén conquistou tres medallas de ouro.
- O ximnasta xaponés Shun Fujimoto conquistou unha excelente nota de 9.7 nas argolas, axudando a conseguir a medalla de ouro por equipos para Xapón, que disputaba a lideranza lado a lado coa URSS. Fujimoto realizou a proba co xeonllo quebrado. Anos despois, cando lle preguntaron se o volvería a facer, respondeu con contundencia: "Non, non o faría".[1]
- O soviético Viktor Saneyev consagrouse tricampión olímpico do triplo salto, derrotando o entón marquista mundial, o brasileiro João Carlos de Oliveira.
- Clarence Hill, das Bermudas, conquistou a medalla de bronce na categoría super-pesado do boxeo, dando ó seu país a honra de se tornar no de menor poboación do mundo (53 500 habitantes na época) en gañar unha medalla nuns Xogos Olímpicos.[2]
- Jim Montgomery foi a primeira persoa que baixou dos 50 segundos nadando os 100 m libres, gañando na final con 49.99.
- A República Democrática Alemá superou todas as expectativas finalizando segunda en número de medallas de ouro. Por exemplo, o equipo feminino de natación gañou todos os ouros agás dous, e Kornelia Ender gañou catro. Porén, estes éxitos foron logo socavados debido á dopaxe sistemática organizado polas autoridades deportivas.[3]
Modalidades disputadas
editarCadro de medallas
editarCadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | URSS | 49 | 41 | 35 | 125 |
2 | Alemaña do Leste | 40 | 25 | 25 | 90 |
3 | Estados Unidos | 34 | 35 | 25 | 94 |
4 | Alemaña do Oeste | 10 | 12 | 17 | 39 |
5 | Xapón | 9 | 6 | 10 | 25 |
6 | Polonia | 7 | 6 | 13 | 26 |
7 | Bulgaria | 6 | 9 | 7 | 22 |
8 | Cuba | 6 | 4 | 3 | 13 |
9 | Romanía | 4 | 9 | 14 | 27 |
10 | Hungría | 4 | 5 | 13 | 22 |
Notas
editar- ↑ "Fujimoto caps Japanese success", BBC, 29 de setembro de 2000
- ↑ Plautz, Jason (26 de xullo de 2012). "The 21 Countries With One Olympic Medal" (en inglés). mentalfloss.com.
- ↑ "Doping Scandal of East Germany in the 1970s". YouTube. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 06 de agosto de 2021.