Jesús Nieves Sánchez

xastre e político galego

Jesús Nieves Sánchez, coñecido como Xastriño, nado no Saviñao cara a 1913, foi un xastre e político galego.

Modelo:BiografíaJesús Nieves Sánchez
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor en Wikidata
O Saviñao, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3080

Traxectoria

editar

Fillo de Antonio Nieves Méndez e Emilia Sánchez Curto. Xastre en Escairón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 729/36 o 28 de decembro xunto con Manuel Pérez Fernández e os irmáns Bernardo, Francisco e Antonio Sánchez Quiroga,[1][2] foi condenado a cadea perpetua o 19 de xaneiro de 1937. Cumpriu condena na Prisión Provincial da Coruña, onde ingresou o 20 de marzo de 1937. Volveu ser detido o 18 de abril de 1947, sendo posto en liberdade o 12 de maio. Volveu ser detido o 14 de setembro de 1948 e saiu en liberdade o 25 de outubro de 1949. Foi xastre-xefe de Alta Sastrería Walker de Ourense nos anos sesenta.[3]

  1. La Voz de la Verdad, 29-12-1936, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 29-12-1936, p. 6.
  3. La Región, 7-3-1965, p. 5.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar