Antonio Nieves Ferreiro
Antonio Nieves Ferreiro, coñecido como Narote, nado en Vilasante (O Saviñao) en 1913 e finado en Vigo en decembro de 2019, foi un militar e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Vilasante, España |
Morte | decembro de 2019 (105/106 anos) Vigo, España |
Outros nomes | Narote |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Traxectoria
editarFacía o servizo militar na base aérea de León, e nos primeiros días da revolución de Asturias de 1934 liderou un movemento de apoio aos sublevados; asaltaron o arsenal e impediron a engalaxe dos avións repletos de bombas para descargar sobre Oviedo. Detido, un tribunal de guerra condenouno a 20 anos de prisión, que se reduciron a 16 meses no forte de Guadalupe de Irún. Logo do triunfo da Fronte Popular foi amnistiado e regresou a Escairón con Antonio Sánchez Quiroga, sendo recibidos con fogos artificiais e un banquete o 1 de marzo.[1][2]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Nos dous primeiros meses alternaba dous agochos: pasaba 15 días no muíño do Pimento, a tres quilómetros de Escairón, e outros tantos na cova da Pena de Abeado, a 8 quilómetros. Canso do frío e da fame volveu a Escairón camuflado nun carro de centeo. Na súa casa improvisou primeiro un agocho nas táboas do tellado, e despois construíu un zulo na parede onde se metía sempre cunha pistola e unha bomba de man. Descuberto finalmente e detido, saíu do calabozo en 15 días porque a Garda Civil redactou un "informe inmejorable en el que se callaban muchas cosas" grazas a unha tía súa. Foi novamente detido nos anos cincuenta e encarcerado en Quiroga. Salvou outra volta grazas a un antigo compañeiro do servizo militar agora avogado en Quiroga. Exiliouse en Venezuela. Traballou como representante de bixutería fina e instalouse en Vigo, onde morreu en decembro de 2019.
Vida persoal
editarCasou en segundas nupcias con Olga Martínez.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Nieves Ferreiro, Antonio (2009). Una lucha incansable. Vigo: Galaxia.
Ligazóns externas
editar- La incansable lucha de Narote
- "Me sublevé por mi conciencia", entrevista en El País.
- Ficha en Represión franquista en Lugo
- Narote[Ligazón morta]
- Antonio Nieves Ferreiro, «Narote» Arquivado 06 de febreiro de 2022 en Wayback Machine.