Ideafix
Ideafix[1] (en francés: Idéfix) é un personaxe da serie de banda deseñada Astérix, creado por René Goscinny e Albert Uderzo. É o can pequeno e branco de Obélix (o mellor amigo de Astérix), a quen sempre acompaña e axuda. Aparece por vez primeira na aventura A volta á Galia de Astérix en 1963.[2]
Ideafix | |
---|---|
Información editorial | |
Primeira aparición | A volta á Galia de Astérix (1963) |
Creadores | René Goscinny, Albert Uderzo |
Biografía ficticia | |
Orixe | Armórica, Galia |
Segundo Nicolas Rouvière, trátase dun schnauzer anano[2] e ademais é o único personaxe principal da serie que é un animal. É coñecido polo seu carácter ecoloxista, ao chorar desesperadamente ao ver como se derruba unha árbore, é por esta causa que o seu amo Obélix deixou de tirarlles árbores aos romanos.
Orixe do nome
editarO seu nome é a contracción de idea fixa, polo que en inglés é coñecido polo nome de Dogmatix, xa que mantén o concepto de idea fixa (dogma) e ademais inclúe a alusión ao can (dog). Reflicte a obsesión que o can ten polos ósos, obsesión que é motivo de moitas situacións cómicas nas historias.
Notas
editar- ↑ Busca e atopa a-- Ideafix. Traducido por Xavier Senín, Valentín Arias e Isabel Soto (1ª ed.). Madrid: Salvat. 2011. ISBN 978-84-216-8624-9 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ 2,0 2,1 Rouvière 2012, p. 141
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Andrieu, Olivier (1999). Le Livre d'Astérix le Gaulois. París: Éditions Albert René. pp. 22–24. ISBN 2-86497-133-X. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 5 de abril de 2014.
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |