René Goscinny
autor francés de banda deseñada
René Goscinny, nado en París o 14 de agosto de 1926 e finado o 5 de novembro de 1977, foi un guionista de historietas.
Traxectoria
editarFoi director da revista Pilote. Traballou xunto a Morris nas tiras de Lucky Luke (1955-1973); posteriormente creou xunto ó debuxante Sempé O Nicolasiño[1] (1960-1964) e con Jean Tabary o personaxe de Iznogoud (1962-1977) e Les dingodossiers (1965-1967) con Gotlib.
A súa creación de maior éxito foron as aventuras de Astérix xunto ó debuxante Albert Uderzo en Pilote (1959). Có mesmo colaborador creou o personaxe de Oumpah-Pah (1958-1962), pero non tivo excesivo éxito.
Goscinny é un dos autores franceses de maior éxito en todo o mundo, con máis de 500 millóns de álbums e libros vendidos, traducidos a varios idiomas.
Notas
editar- ↑ Ficha da obra Arquivado 18 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |