I-2K
O bus I-2K é un tipo de bus para satélites fabricado na India.[1][2]
Características
editarO bus I-2K é fabricado pola axencia espacial india ISRO. Está pensado para ser usado en satélites de cerca de 2000 kg na órbita xeoestacionaria ou adaptarse a outras funcións, como misións interplanetarias. O corpo central ten forma de caixa de 1,65 x 1,53 x 3,0 m, cunha masa sen propelente de 600 kg e podendo albergar unha carga útil de 200kg. Os paneis solares poden proporcionar ata 2800 W de potencia e ten unha esperanza de vida de 12 anos.[1][2]
Usouse por primeira vez no satélite GSat 1 en 2001, para logo ser usado polos satélites da serie Insat, algúns GSat e HYLAS 1.[1][2]