I-1K
O bus I-1K é un tipo de bus para satélites fabricado na India.[1][2]
Características
editarO bus I-1K é fabricado pola axencia espacial india ISRO. Está pensado para ser usado en satélites na órbita xeoestacionaria, pero pode adaptarse a outras funcións, como misións interplanetarias. O corpo central ten forma de caixa de 1,505 x 1,476 x 1,530 m, cunha masa sen propelente de 500 kg e podendo albergar unha carga útil de 100kg. Os paneis solares poden proporcionar ata 1000 W de potencia e ten unha esperanza de vida de 7 anos.[1][2]
Usouse por primeira vez no satélite METSAT 1, para logo ser usado polos satélites da serie IRNSS, os GSat e GISAT e logo a sonda marciana Mars Orbiter Mission.[1][2]