Historia de Colombia

A historia de Colombia abrangue a historia de Colombia e a dos seus estados predecesores. Colombia fórmase como nación no 1810 a partir da colonia española de Nueva Granada, oficializada no 1550, aínda que se constituíu uns anos antes e tomou definitivamente o seu nome actual no 1863. Este artigo cobre a historia do actual territorio de Colombia, incluíndo o que sabemos de antes da colonia.

Historia de Colombia

Mapa de 1905.
Historia de Colombia
Cronoloxía Cronoloxía de Colombia
Categoría Historia de Colombia

Período prehispánico

editar

As testemuñas arqueolóxicas indican que o territorio actual de Colombia foi habitado polo ser humano polo menos durante 10.000 anos.

Idade Moderna

editar

Os exploradores españois chegaron á zona arredor do ano 1500, atopando na rexión tribos indíxenas como os Muiscas, ás que foron subxugadas e conquistadas. Os españois construíron varios asentamentos que finalmente se converteron nas provincias que conformaron a Nova Granada, ao principio como Real Audiencia e dende 1717 como vicerreinado, incluíndo varias provincias que pertenceran ata ese momento á xurisdición do vicerreinado do Perú.

Época da independencia

editar

O movemento de independencia, en gran parte liderado por Simón Bolívar e Francisco de Paula Santander, dende 1810 finalmente tivo éxito no 1819 cando o territorio ocupado polo vicerreinado de Nova Granada se converteu nunha República Federal, logo coñecida como a Gran Colombia en honra ao navegante Cristovo Colón, tras a batalla de Boyacá (7 de agosto de 1819) e o Congreso de Angostura ese mesmo ano.

República

editar

As divisións internas dos caudillistas conduciron no 1830 á separación dos departamentos que compuñan a Gran Colombia: Venezuela, Quito (actual Ecuador) e Cundinamarca no 1830. Cundinamarca tivo o nome de Nueva Granada ata o 1863, e logo foi nomeada Estados Unidos de Colombia ata que no 1886 tomou o seu nome actual: República de Colombia.

As divisións internas permaneceron, acendendo a guerra civil de vez en cando e contribuíndo a debilitar o país no tempo previo á independencia, coa axuda de Estados Unidos que proxectaba construír unha canle de paso entre o Caribe e o Pacífico, de Panamá no 1903, que orixinalmente se unira á Gran Colombia dende 1821.

Século XX

editar

Dende a década de 1960 en adiante, o país viuse afectado por grupos insurxentes irregulares como as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) ou o Exército de Liberación Nacional (ELN). O presidente Belisario Betancur no 1982 comezou un movemento de reconstrución nacional tratando de integrar ás guerrillas no sistema, con resultados parciais e á vez tráxicos. No 2002, o fracaso da negociación do presidente Andrés Pastrana Arango coas guerrillas levou á elección de Álvaro Uribe, e ao desestimarse a necesidade de negociación, preséntase nun primeiro plano continuar á elaborar as estratexias da loita contra as drogas, que se materializou co Plan Colombia.


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.