Hengest
Hengest ou Hengist, finado en 488?, foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V). lugartenente do rei danés Hnæf[1]. A súa figura protohistórica aparece no poema épico Beowulf e o fragmento de Finnsburg[2]. A súa figura lendaria aparece como o fundador do reino de Kent, un dos primeiros reinos anglosaxóns na illa.[3]
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio ![]() |
Morte | c. 488 ![]() Gloucester, Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século V ![]() |
Compañeiro profesional | Horsa: Hengist e Horsa (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Fillos | Rowena, Oisc de Kent ![]() |
Pai | Wihtgils ![]() |
Irmáns | Horsa ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/f/f6/DEU_Buende_COA.svg/220px-DEU_Buende_COA.svg.png)
Traxectoria
editarEn Beowulf cítase a Hildeburh, a irmá do rei Hnæf e esposa de Finn de Frisia. Tanto Hnæf como o fillo de Hildeburh e Finn caeron no campo de batalla, xunto a moitos guerreiros frisóns. Non está claro o papel de Finn na disputa que o leva a ofrecer un trato desfavorábel, pero Hengest rompe ese trato, mata a Finn e leva a Hildeburh de regreso a Dinamarca[4].
Historia ecclesiastica gentis Anglorum
editarEn Historia ecclesiastica gentis Anglorum (século VIII) aparece un Hengest, irmán de Horsa, caudillos dun exército formado por anglos, saxóns e xutos. Horsa morreu en batalla contra os britóns e foi enterrado no leste de Kent, onde un monumento que lembraba o seu nome aínda existía nos tempos de Beda. Fai unha xenealoxía dos irmáns, ambos os fillos de Wictgils fillo de Witta fillo de Woden, e que á súa vez Hengist era pai de Oeric, o cal o acompañou a Britania[5].
Crónica anglosaxoa
editarA Crónica anglosaxoa menciona a Batalla de Aylesford (455), cando Hengest combateu a Vortigern. Nesa batalla morreu o seu irmán Horsa[6].
Historia Brittonum
editarA Historia Brittonum menciona a Hengest e Horsa, a quen Vortigern permitiu asentarse co seu pobo en Thanet a cambio dos seus servizos como mercenarios para defender o reino contra os pictos. Hengest convenceu a Vortigern para que lle concedese máis terra e permitir a chegada de máis colonos, o que abriu o camiño ao asentamento xermánico na illa[7].
Notas
editar- ↑ Gwyn Jones, A History of the Vikings, Oxford University Press, 1973, p. 31, 196.
- ↑ Hengest
- ↑ Medeiros (2017), p. 205
- ↑ Beowulf, Líneas 1063–1159
- ↑ "Ecclesiastical History of the English Nation: Beda". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2017.
- ↑ Anglo-Saxon Chronicle Textos originales transcritos
- ↑ "Historia Brittonum en inglés". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hengest |
Bibliografía
editar- Medeiros, Elton O.S. (2017). "Los escandinavos en Inglaterra". En Barreiro, Santiago; Birro, Renan. El mundo medieval: una introducción (volumen I) (en castelán). Ciudad Autónoma de Buenos Aires: Sociedad Argentina de Estudios Medievales. pp. 203–224. ISBN 978-987-42-6119-9.
Outros artigos
editar- Finn and Hengest.
- Oisc de Kent.
- Reino de Kent.
- batalla de Wippedesfleot.