Gaélicos do Gran Sol
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Club Deportivo Gaélicos do Gran Sol, abreviado “Gran Sol”, é un equipo deportivo de Barcelona que practica o fútbol gaélico. Nace no ano 2015 e dende 2017 conta con equipo feminino e masculino.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/b4/8Cf502xm_400x400.jpg/220px-8Cf502xm_400x400.jpg)
Nome e símbolos
editarO nome do equipo refírese ao caladoiro do mesmo nome, que ocupa gran parte da fachada litoral atlántica. Ademais tamén evoca o libro de Xurxo Souto: “Contos do mar de Irlanda: De Galiza ao Gran Sol”. O símbolo do club é un escudo formado por unha cruz de San Xurxo, (que simboliza o seu nacemento en terras catalás) e en cada un dos catro lados da cruz, atopamos respectivamente, un sol, unha bandeira de Galiza, un tríscele e un balón de fútbol gaélico.
Historia
editarO club nace en 2015 polo interese amosado por un grupo de migrantes galegas, que tiñan interese na práctica do fútbol gaélico. No ano 2016 inscríbese na GAA e comeza a competir en campionatos oficiais, como o Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico ou a Copa Cataluña de fútbol gaélico. No ano 2017 constitúese o equipo feminino, coñecidas coma “Gran Solettes”.
A súa maior particularidade é que a pesar de estar radicado en Barcelona, está conformado na súa maior parte por xogadoras galegas. Nos últimos tempos tamén hai moitas catalás que se achegaron a este deporte da man deste equipo, e incluso persoas doutras nacionalidades, co cal o club alcanza unha dimensión internacional.
Véxase tamén
editarLigazóns
editar- Páxina web do Gran Sol Arquivado 18 de decembro de 2018 en Wayback Machine.