Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
O Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico é a competición rexional de fútbol gaélico que agrupa os equipos da Península Ibérica. Dende 2006 é considerado polo Comité Europeo de Deportes Gaélicos un campionato rexional que puntúa para o campionato europeo e unha das súas roldas coincide cunha rolda de dito campionato.

Equipos
editarEn Galicia: Fillos de Breogán (A Coruña), Ártabros de Oleiros, Irmandinhos A Estrada, Bráithreachas (A Estrada), Mecos FG Ogrobe, Pontevedra FG, Estrela Vermelha FG de (Santiago de Compostela), Keltoi GAC (Vigo), Auriense FG (Ourense) e Dorna FG (A Illa de Arousa). No resto de España: Barcelona Gaels, Madrid Harps, Madrid O'Donnells, Sant Vicent GAA (Valencia), Costa Gaels (Marbella), Eire Og (Sevilla), Granada Gaels, Sitges Eagles e Tres Cantos.
No resto da península: Xibraltar.
Os clubs adoitan estar formados por xogadores irlandeses e unha nutrida representación de xogadores locais, que oscila sobre a metade do cadro de xogadores (exceptuando os equipos galegos, compostos case na súa totalidade por xogadores locais).
O actual campión (2019) do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico masculino é o Madrid Harps, e na competición feminina o Filhas de Breogán, da Coruña.
Palmarés masculino
editar9 Madrid Harps: 2005, 2008, 2010, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018
3 Barcelona Gaels: 2007, 2009, 2013
1 Marbella-Costa del Sol GAA: 2011
1 Sant Vicent Valencia GAA: 2006
Ano | Gañador |
---|---|
2005 | Madrid Harps |
2006 | Marbella-Costa del Sol GAA |
2007 | Barcelona Gaels |
2008 | Madrid Harps |
2009 | Barcelona Gaels |
2010 | Madrid Harps |
2011 | Sant Vicent Valencia GAA |
2012 | Madrid Harps |
2013 | Barcelona Gaels |
2014 | Madrid Harps |
2015 | Madrid Harps[1] |
2016 | Madrid Harps[2] |
2017 | Madrid Harps |
2018 | Madrid Harps |
2019 | Madrid Harps |
2022 (Valencia) |
Palmarés feminino
editar6 Madrid Harpettes: 2009, 2010, 2011, 2012, 2014 2015
3 A Coruña Fillas de Breogán: 2016, 2017, 2018
2 Barcelona Gaelettes: 2008, 2013
Ano | Gañador |
---|---|
2008 | Barcelona Gaelettes |
2009 | Madrid Harpettes |
2010 | Madrid Harpettes |
2011 | Madrid Harpettes |
2012 | Madrid Harpettes |
2013 | Barcelona Gaelettes |
2014 | Madrid Harpettes |
2015 | Madrid Harpettes[1] |
2016 | A Coruña Fillas de Breogán[2] |
2017 | A Coruña Fillas de Breogán |
2018 | A Coruña Fillas de Breogán |
2019 | |
2022 (Valencia) |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Madrid Harps revalida el campeonato Ibérico de Fútbol Gaélico". Furia Roja. 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Fillas de Breogán fai historia". Galicia Confidencial. 5 de xuño de 2016.