Gómez Pérez das Mariñas III
Gómez Pérez das Mariñas III foi un nobre galego do século XVI, fillo de Ares Pardo das Mariñas, señor de Parga e Cillobre, e de Tareixa de Vázquez, señora da Pobra do Caramiñal. Era bisneto de Gómez Pérez das Mariñas I e sobriño de Gómez Pérez das Mariñas II.
Biografía | |
---|---|
Morte | Desp. 1545 |
Lugar de sepultura | Convento do Carme de Madrid |
Familia | |
Cónxuxe | Xoana de Matienza ![]() |
Fillos | Diego das Mariñas ![]() |
Pais | Ares Pardo das Mariñas ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/5/5b/Iglesia_del_carmen_madrid.jpg/250px-Iglesia_del_carmen_madrid.jpg)
Traxectoria
editarEn 1541 era alcaide da fortaleza da Barreira. Realizou en Santiago, en 1550, unha concordia co seu irmán máis vello, Fernán, aprobando o testamento do seu pai, e no que Fernán confirma unha serie de cesións ao seu irmán de foros e herdades que aquel adquirira por foro do convento de San Martiño Pinario. Entre elas estaban os coutos de Corrubedo, Olveira e San Pedro de Bealo, así como o casal de Padrón.
Obtivo do Papa Xulio III unha bula en 1551 que confirmaba o seu dereito e posesión inmemorial no que se achaban el e os seus devanceiros de percibir, cobrar e levar moitas sinecuras no reino de Galicia que se relacionan na bula, entre elas a de Santa María de Olveira. Ese mesmo ano aparece como rexedor de Santiago. Tres anos despois, en 1554, é rexedor da Coruña, e eleva á categoría de vila á Pobra do Caramiñal, cuxo señorío herdara da súa nai. Algunhas fontes atribúenlle a construción nesta vila da Torre de Bermúdez.
Participou na batalla de San Quintín en 1557. Polos méritos contraídos na batalla, o rei Filipe II de España outorgoulle diversos méritos como o de ser nomeado cabaleiro da orde de Santiago. Estivo en Flandres, Italia e outras nacións europeas servindo a Filipe II.
Cara 1565 preiteou, xunto co seu irmán Fernán, contra a súa irmá Berenguela das Mariñas por uns bens procedentes do señor Esteban de Xunqueiras.
Nalgúns documentos aparece como Corrixidor e Adiantado do reino de Murcia.
Casamento, descendencia e pasamento
editarCasou con Xoana de Matienza coa que tivo un fillo, Diego das Mariñas, señor de Parga e Xunqueiras.
Testou en Madrid perante Xoán Martínez de Moya o 23 de outubro de 1545, nomeando herdeiro ao seu fillo Diego das Mariñas, e no que manda ser soterrado no convento do Carme de Madrid.
Finou despois do 31 de xullo de 1575, data do último documento no que é nomeado, e no que, perante o escribán Xoán Martínez, outorga un poder a Xoán de Deus, meiriño do Caramiñal, para que puidese recoñecer, sinalar e deslindar todas as súas terras, coutos e xurisdicións.