Gómez Pérez das Mariñas II
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gómez Pérez das Mariñas.
Gómez Pérez das Mariñas II foi un nobre galego de finais do século XV, fillo de Fernán Pérez Parragués, señor da Póboa de Parga, e de Constanza das Mariñas, señora de Bergantiños. Era neto por parte materna do primeiro Gómez Pérez das Mariñas I, que loitara contra os irmandiños e o arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca. Da súa nai herdou a torre de Cillobre.
Biografía | |
---|---|
Morte | Desp. 1489 |
Familia | |
Pais | Fernán Pérez Parragués ![]() ![]() |
Foi abade do mosteiro de San Salvador de Bergondo e tomou posesión da sinecura de Vilaño en 1489. Esta é a última referencia documental que se posúe deste personaxe.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Gómez Pérez das Mariñas Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en sologenealogia.com.