Franz Ferdinand
Franz Ferdinand é unha banda escocesa de rock alternativo formada en Glasgow no ano 2002. Os seus membros orixinais eran Alex Kapranos (voces, guitarra principal e teclados), Bob Hardy (baixo), Nick McCarthy (guitarra rítmica, tecados e coros) e Paul Thomson (batería, percusión e coros). Julian Corrie (teclados, guitarra solista e coros) e Dino Bardot (guitarra rítmica e coros) uníronse ao grupo en 2017 despois da marcha de McCarthy o ano anterior, e Audrey Tait (batería e percusión) uníuse tras a saída de Thomson en 2021.
![]() | |
---|---|
![]() Franz Ferdinand en concerto en 2018 | |
Orixe | Glasgow, Escocia ![]() |
Período | 2002 - presente |
Xénero(s) | post-punk revival, rock alternativo, indie rock, art rock |
Selo(s) discográfico(s) | Domino Records, Sony BMG/Epic |
Membros | Robert Hardy Alex Kapranos Julian Corrie Dino Bardot Audrey Tait |
Antigos membros | Nick McCarthy Paul Thomson |
Artistas relacionados | FFS, The Yummy Fur, Sparks, LCD Soundsystem, Andy Knowles |
Na rede | |
franzferdinand.co.uk | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ata a data leva publicados seis álbums de estudio: Franz Ferdinand (2004), You Could Have It So Much Better (2005), Tonight: Franz Ferdinand (2009), Right Thoughts, Right Words, Right Action (2013), Always Ascending (2018) e The Human Fear (2025), ademais de varios EPs, numerosos sinxelos, un álbum de remesturas e un DVD.
O seu nome inspirouse orixinalmente nun cabalo de carreiras chamado Archduke Ferdinand.[1] Despois de ver que o cabalo gañara a carreira Northumberland Plate en 2001 a banda comezou a barallar chamarse Archduke Franz Ferdinand debido á aliteración do nome e ás implicacións da morte do arquiduque (o seu asasinato foi un factor moi importante para o inicio da primeira guerra mundial).
Biografía
editarOs membros do grupo tocaron en distintas bandas ao longo dos nos 90, como The Karelia, Yummy Fur, 10p Invaders ou Embryo. A finais de 2001, o cantante e guitarrista Alex Kapranos e o baixista Robert Hardy comezaron a tocar xuntos en Glasgow. Despois de coñecer a Nicholas McCarthy nunha festa, eles comezaron a ensaiar xuntos na casa deste. McCarthy tiña unha formación clásica de piano e de contrabaixo, pero inicialmente ocupou o posto de batería da banda. O trío entón coñeceu a Paul Thomson, o cal tocara a batería en Yummy Fur. Thomson orixinalmete guitarrista, xa que quería probar con outro instrumento, pero, unha vez que Nicholas comezou a tocar a batería, déronse conta de que non sabía facelo, polo cal Thomson colleu as baquetas e Nicholas pasou a ser a guitarra solista.
A banda comezou a tocar nunha casa abandonada das aforas de Glasgow chamada The Château. Alí facían concertos mesturando música e arte, xa que Hardy estudaba pintura na Glasgow School of Art nesa época. Cando a policía lles prohibiu seguir facendo estes eventos eles atoparon unha casa vitoriana abandonada para seguir tocando.
A banda gravou un EP coa intención de editalo eles mesmos, pero a súa reputación estaba medrando rapidamente e Domino Records ofreceulles un contrato para editar o EP Darts of Pleasure a finais do 2003. A banda fixo medrar a súa reputación tocando con Hot Hot Heat e Interpol, así como gañando o premio "Phillip Hall Radar Award" da revista NME en 2004. Epic Records asinou un contrato coa banda en 2004 para os Estados Unidos, aínda que o selo principal para o resto do mundo é Domino.
O grupo trasladouse aos Gula Studios en Malmö, Suecia, co produtor de The Cardigans Tore Johansson para gravar o seu álbum de estrea. En xaneiro de 2004 o sinxelo "Take Me Out" acadou o número 3 nas listas británicas. O disco, Franz Ferdinand, publicouse a principios dese ano, estreándose no 3 da lista británica de álbums no mes de febreiro, e no 12 da lista australiana en abril. Nos Estados Unidos non tivo tanta repercusión na Billboard 200 a comezos de 2004, pero acadou o top 5 das listas de indie rock e da Heatseeker para artistas noveis. Despois dun par de xiras por Norteamérica e de que o vídeo de "Take Me Out" tivese unha alta rotación na MTV, o disco finalmente chegou ao número 32 da Billboard 200 posteriormente nese ano, vendendo ao redor dun millón de copias nos Estados Unidos. En xeral Franz Ferdinand tivo unha resposta moi positiva entre a crítica.
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Franz Ferdinand | 2004 | Domino Records |
You Could Have It So Much Better | 2005 | Domino Records |
Tonight: Franz Ferdinand | 2009 | Domino Records |
Right Thoughts, Right Words, Right Action | 2013 | Domino Records |
Always Ascending | 2018 | Domino Records |
The Human Fear | 2025 | Domino Records |
Notas
editar- ↑ BBC Sport (ed.). "Archduke Ferdinand takes Plate honours". Consultado o 4 de xaneiro de 2015.