Alex Kapranos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2013.) |
Alex Kapranos (grego: Άλεξ Καπράνος, nado Alexander Paul Kapranos Huntley, 20 de marzo de 1972, Almondsbury, Gloucestershire, Inglaterra) é un músico británico, máis coñecido polo traballo como vocalista e guitarrista da banda Franz Ferdinand.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Alexander Paul Kapranos Huntley ![]() 20 de marzo de 1972 ![]() Almondsbury, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Strathclyde Universidade de Aberdeen Bearsden Academy (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, cantante, cantautor ![]() |
Período de actividade | 1992 ![]() |
Membro de | The Yummy Fur (1998–valor descoñecido) Franz Ferdinand (vocalista (pt) ![]() ![]() The Karelia (en) ![]() ![]() ![]() FFS (vocalista (pt) ![]() BNQT (pt) ![]() ![]() |
Xénero artístico | Indie rock, Post-punk revival, Dance-punk e Art rock ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Selo discográfico | Domino Records ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Clara Luciani (2023–) ![]() |
Parella | Eleanor Friedberger (–valor descoñecido) ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Alex Kapranos, fillo de pai grego e nai inglesa [1], pasou a infancia en Sunderland e South Shields, Reino Unido, cidade natal de súa nai e pasaba as vacacións de verán en Grecia, terra do seu pai. Huntley é o nome de solteira da súa nai. Alex pasou a usar este nome temendo sufrir discriminación debido ao seu apelido grego mentres aínda estaba na escola e acabara de se mudar a Escocia. A súa nai insistiu en pórlle de segundo nome "Paul", pois ela era fan de Paul McCartney.
En 1980 mudouse xunto coa súa familia a Edimburgo e, máis tarde, para Glasgow, en 1984. Cando tiña 17 anos, Alex foi a Universidade de Aberdeen para estudar Teoloxía. Continuou os seus estudos en diferentes universidades, como a de Strathclyde en Glasgow. No inicio da década de 1990, participa activamente na escena musical da cidade, organizando noites con música ao vivo no 13th Note.
Despois de traballar como xefe de cociña, camareiro, profesor no Instituto de Tecnoloxía do Anniesland College, repartidor de comida india e en varios outros empregos, Alex tamén se uniu ás populares bandas de Glasgow, como The Amphetameanies, The Yummy Fur (Alex entrou na banda en 1998, e non participou en ningún álbum), e The Karelia.
Posteriormente, decidiu tirar o apelido "Huntley" do seu nome, e formou en 2001 a banda Franz Ferdinand, xunto con Bob Hardy que fora camareiro con el, Nick McCarthy, que o acababa de coñecer nunha festa, e Paul Thomson, ex-batería de The Yummy Fur. Franz Ferdinand comezou a recibir atención internacional co lanzamento do sinxelo Take me Out. A banda recibiu premios importantes como o Ivor Novello, o Mercury Music Prize, ou os Brit Awards.
Alex ten asma e é alérxico ás améndoas (que compara co arsénico). Escribe para o The Guardian, na columna Soundbites que conta as súas aventuras culinarias con Franz Ferdinand. Recentemente, publicou un libro de gastronomía xuntando todas as columnas publicadas no xornal e máis algunhas inéditas, chamado Mordidas sonoras (Conrad, 2007).
Notas
editar- ↑ Neil Scott. "The Mind’s Construction Quarterly » Alex Kapranos". Tmcq.co.uk. Consultado o 29-06-2013.