Francisco Cousillas Pombo
Francisco Cousillas Pombo, coñecido como Paco, nado en Ponteceso o 13 de marzo de 1922[1] e finado cara a 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1922 ![]() Ponteceso, España ![]() |
Morte | c. 1946 ![]() Provincia da Coruña, España ![]() |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Paco ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Francisco Cousillas e María Jesús Pombo, curmán de Avelino Rivas Pombo. Foi procesado en 1945 por actos de propaganda e detido a principios de maio dese ano. Foi posto en liberdade o 21 de decembro e incorporouse á guerrilla con Manuel Bello Parga e Avelino Rivas Pombo. Integrouse no destacamento “Santiago Álvarez” de Benigno Andrade García. En maio de 1946 o grupo, composto por Benigno Andrade, Emilio Pérez Vilariño, Francisco Cousillas, Manuel Pena Camino e Lisardo Freijo López, pertencía á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia de Manuel Ponte Pedreira na zona central da provincia da Coruña. En xuño de 1946 produciuse a caída de Marrofer, e o grupo do que Cousillas formaba parte decidiu repregarse.
Tardou uns tres ou catro meses en reincorporarse á guerrilla, xustificando que estivera moi enfermo e trasladouse por iniciativa propia a Coruña, onde estivo na casa da súa compañeira sentimental, irmá da compañeira de Manuel Bello. Ante as sospeitas de que a compañeira de Bello podería estar ao servizo da Garda Civil e para comprobar se seguía sendo fiel díxoselle que debía executar un fascista. Cousillas non se negou pero cando se realizou a operación non quixo darlle morte ao fascista. Houbo máis vacilacións e Emilio deu orde de fusilalo ou fíxoo el mesmo.
Notas
editar- ↑ BOP A Coruña, 11-6-1941, p. 3.