Manuel Ponte
Manuel Ponte Pedreira, coñecido co sobrenome de Xastre, nado no Fontao (Abellá, Frades) o 20 de agosto de 1911 e finado na mesma aldea o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1911 ![]() O Fontao, España ![]() |
Morte | 21 de abril de 1947 ![]() O Fontao, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Xastre ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis, xastre ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarAprendeu en Ordes o oficio de xastre no obradoiro de Manuel Sousa, e ingresou nas Juventudes Socialistas. Foi elixido presidente de Unión Republicana de Ordes o 12 de xuño de 1936. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou na defensa de Ordes, pero cando cae en poder dos sublevados fuxiu ao monte. Logo dunhas semanas entregouse e foi xulgado en Compostela por traizón, sendo condenado a cadea perpetua. Permaneceu en prisión no cárcere da Coruña, participando en varios intentos de fuga, até que obtivo a liberdade vixiada o 22 de maio de 1941. Na súa estadía na prisión ingresou no Partido Comunista de España.
En 1945 incorporouse á guerrilla comunista. En xuño de 1946 ao morrer Marcelino Rodríguez Fernández (Marrofer) accedeu á xefatura da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, relanzando a súa actividade co aumento das accións guerrilleiras. Foi reclamado polo Xulgado Militar da Coruña en setembro de 1946.[1] Por mor dunha delación, a Garda Civil cercouno con varios dos seus homes e morreu no enfrontamento. Tamén caeron os guerrilleiros Manuel Rodríguez Suárez e Manuel Díaz Pan.
Vida persoal
editarCasou con María del Carmen Rivas Vaamonde o 19 de novembro de 1935, coa que tivo dous fillos, Manuel Pablo (que morreu en 1937) e María del Carmen.
Na cultura popular
editar- Xosé Luís Méndez Ferrín adicoulle o poema "Na memoria de Ponte", do libro Poesía enteira de Heriberto Bens (1980).
- Dios ke te crew no seu tema "15.680" no que falan da vila de Ordes fan referencias como "terra" e "fogar do gran Manuel Ponte Pedreira".
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 17-9-1946, p. 5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Astray Rivas, Manuel (1992). Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-584-3.
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7.