Foscadh
Foscadh (que en lingua irlandesa quere dicir "refuxio"; tamén escrito en irlandés arcaico como Foscaḋ)[1] é un filme irlandés de 2021 escrito e dirixido por Seán Breathnach. Baséase nos personaxes da novela The Thing about December de Dónal Ryan.[2] [3] O filme estreouse no Festival de Cinema de Galway de 2021.[4][5] Rodado en lingua irlandesa, foi escollido como candidato de Irlanda para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[6] mais finalmente non foi nomeado.
Foscadh | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Foscadh |
Director | Seán Breathnach |
Produtor | Paddy Hayes |
Guión | Seán Breathnach |
Baseado en | The Thing about December de Dónal Ryan |
Intérpretes | Dónall Ó Héalai Fionnuala Flaherty Cillian Ó Gairbhí |
Música | Sindri Már Sigfússon |
Fotografía | Colm Hogan |
Montaxe | Conall de Cléir |
Estudio | TUA Films (prev. Magamedia Teo) |
Estrea | Festival de Cinema de Galway: 23 de xullo de 2021 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() |
Sinopse
editarJohn Cunliffe (Dónall Ó Héalai) é un mozo recluído de 28 anos, malcriado polos seus pais. Cando os seus pais falecen, John descobre que herdou terras no camiño dunha proposta de desenvolvemento lucrativo dun parque eólico. Nunca tivo que valerse por si mesmo, ten que crecer axiña.[7][8]
Produción
editarFoscadh foi rodado en 2019 e 2020 en Corr na Móna, no Condado de Galway[7] tendo recibido unha subención de 400.000 euros da Broadcasting Authority of Ireland.[2]
Acollida
editarFoscadh estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Galway en xullo de 2021, onde gañou o premio ó mellor filme dun debutante.[9]
Notas
editar- ↑ "Foscadh (2021): The movie compared to the book". Movies vs Books. Consultado o 8 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Laura Slattery (26 de setembro de 2018). "Donal Ryan adaptation 'Foscadh' and Dublin drama 'Townsend' awarded public funds". Irish Times.
- ↑ Charles Grant (28 de setembro de 2020). "Stars of Tomorrow 2020: Dónall Ó Héalai (actor)". Screen Daily.
- ↑ "Foscadh (Shelter)". Galway Film Fleadh. Consultado o 31 December 2021.
- ↑ "3 TG4 premieres at Galway Film Fleadh 2021 including the latest Cine4". TG4. 12 de xullo de 2021. Consultado o 31 de decembro de 2021.
- ↑ "Irish-language drama makes its bid for Oscars glory". RTE. 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 Nathan Griffin (6 de novembro de 2019). "Filming begins on Foscadh, Seán Breathnach's debut Irish Language feature film". IFTN.
- ↑ "'Foscadh' feature length film coming soon". TUA Films. 20 de decembro de 2019.
- ↑ Clarke, Donald (26 de xullo de 2021). "Galway Film Fleadh 2021: Stacey Gregg's thriller Here Before wins best Irish film". The Irish Times. Consultado o 31 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Irlanda propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar